Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premiado no Campus de Ourense un estudo sobre o impacto de Facebook na mercadotecnia de redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Premiado no Campus de Ourense un estudo sobre o impacto de Facebook na mercadotecnia de redes

S. P.
Publicado: 15/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_campus_de_ourense_premiados2.jpgEste martes 15 de novembro o Campus de Ourense acolleu a entrega dos Premios TFG José Manuel Pérez Canal 2022, cos que a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e o Colexio de Economistas de Ourense, co apoio da Deputación, distinguen os mellores traballos fin de grao deste centro. Desta volta, concedeuse un primeiro premio a un estudo sobre o impacto de Facebook na mercadotecnia de redes sociais e dous accésits, un centrado na análise económica-financeira da Liga Española de Fútbol e outro no plan estratéxico para a creación real dunha empresa apícola.
O primeiro premio do Premios TFG José Manuel Pérez Canal 2022 do Grao en Administración e Dirección de Empresas foi para o traballo titulado O impacto de Facebook no marketing de redes sociais, do xa egresado Andrés Soto e realizado, ao igual que os demais traballos galardoados nesta edición, baixo a dirección do profesor do centro Francisco Javier Sánchez. Neste estudo, indica o seu autor, “preséntase unha explicación e análise do impacto que unha ferramenta tan potente e versátil como Facebook Ads ten sobre a publicidade, a segmentación de mercado e o comportamento de compra nas diferentes redes sociais nas que esta funciona”. Nas súas conclusión, o galardoado destaca que “a elección de Facebook Ads por parte dos anunciantes parece máis que correcta ao tratarse dun conglomerado potente ao contar con numerosas plataformas líderes en número de usuarios, así como con incontables posibilidades de segmentación e ferramentas para potenciar a nosa presenza en redes sociais e contactar con clientes tanto novos como actuais”.
Outro punto a favor desta ferramenta, engade o investigador Andrés Soto, “é o esforzo por innovar en novas e potentes tecnoloxías como a Realidade Virtual ou metaverso, nas que ao situarse practicamente como pioneiros, gozarán dun maior control respecto dos seus competidores”. Segundo explica Andrés Soto, “todo iso sumado ao case tres mil millóns de usuarios activos mensuais, conforma unha combinación excelente”. Cos diferentes puntos técnicos do proceso de venda estandarizados na gran maioría de sitios web, recolle o traballo, “o proceso de compra e venda é seguro e case instantáneo, deixando os aspectos clave do proceso á mercadotecnia para atraer a eses potenciais clientes. É por iso que este conxunto de ferramentas supoñen unha vantaxe e diferenciación claves en canto a posibles competidores”.
Dous accésits
Un dos accésit foi para o traballo fin de grao Análise Económica-Financeira da Liga Española de Fútbol, realizado por Clara García. No seu traballo, a xa egresada en ADE fai unha comparativa entre 19 dos 20 equipos da primeira división de fútbol española na tempada 2021/2022 empregando os seus datos dos exercicios contables. Froito da análise realizada, destácase que o impacto da pandemia ten condicionado en gran medida os resultados obtidos polos clubs, reducíndose os ingresos da Liga Santander un 17% respecto á tempada anterior.
Outro dos accésit foi para o traballo Plan estratéxico para a creación dunha empresa apícola do xa egresado en ADE e agora emprendedor Adrián Rodríguez. O proxecto, explica, nace de necesidade real de elaborar un plan de actuación empresarial para a creación da sociedade Mel da Ribeira, co fin de absorber unha explotación apícola familiar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?