Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados os premios da novena edición do concurso A Ciencia en Imaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados os premios da novena edición do concurso A Ciencia en Imaxe

S. P.
Publicado: 16/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

foto_1o_premio.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago (USC) convocaron o IX Concurso A Ciencia en Imaxe, un concurso para distinguir fotos e vídeos de divulgación científico-tecnolóxica. Diríxese á comunidade universitaria da USC e, como novidade desta edición, tamén á dos centros de ensino medio de Galicia nos que se imparte ESO e Bacharelato. Os premios desta edición entregáronse este 15 de novembro na Aula Magna da Facultade de Física.
Na modalidade de fotografía, a gañadora do primeiro premio, dotado con 200 euros, foi Pilar Vázquez Tato, profesora e investigadora da facultade de Ciencias da Universidade de Santiago (Campus de Lugo). A súa imaxe, titulada Unha pinga de Ciencia, amosa unha pinga de auga esférica que reflicte, a xeito de espello, matraces de laboratorio. “A refracción da luz fai que as pingas se comporten como unha lupa e mirando a través delas vese unha imaxe virada. Por iso, e co fin de ver con máis claridade os matraces recheos con colorantes químicos, volteouse a escena”, explica a autora da instantánea.
O segundo galardón desta categoría, premiado con 100 euros, recaeu en Enaitz Busto Ziarreta, alumno da facultade de Bioloxía da USC. A súa fotografía A curiosidade matou á mosca, mostra unha mosca morta dentro dunha flor.
Na modalidade de vídeos divulgativos, o primeiro galardón, dotado con 250 €, foi para Luis Arcelle González, alumno do Colexio San José-Josefinas de Ourense, pola proposta Que sería das verbenas sen Bunsen y Kirchhoff?.
O segundo galardón, que recibiu 125 €, recaeu no vídeo Cristales de plata, realizado por Fernando Barbadillo Jove, Fernando Díaz Gómez e Manuel Losa César, profesores e estudante do IES Ricardo Carvalho Calero de Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?