Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega ao proxecto tecnolóxico Nós unha subvención de 2 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega ao proxecto tecnolóxico Nós unha subvención de 2 millóns de euros

S. P.
Publicado: 16/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

minones_valentin_garcia_proxecto_nos.jpgEste 16 de novembro foron dadas a coñecer novidades importantes relativas ao Proxecto Nós, impulsado pola Universidade de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover a presenza dixital do galego, botando man da Intelixencia Artificial e garantindo que a nosa lingua non fique excluída dos novos desenvolvementos TIC (mediante a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta calidade). As novidades foron presentadas polo reitor Antonio López, o secretario xeral Valentín García e o delgado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen referendou o apoio do Goberno central ao proxecto e para “colocar o galego na vangarda das tecnoloxías intelixentes”. Segundo fixo saber o delegado, o Executivo estatal achegará a Nós unha contía de 2 millóns de euros ao abeiro do Plan de Recuperación.
Por certo que esta subvención foi aprobada este martes 15 polo Consello de Ministros.
A xuntanza mantida este mércores entre López, García e Miñones dirixiuse a abordar os detalles deste financiamento, que se encadra no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Nova Economía da Lingua, do Plan de Recuperación do Goberno. O delegado felicitou ao reitor e ao secretario xeral “pola calidade do proxecto e por ter acadado este apoio”. E engadiu: “O PERTE da Nova Economía da Lingua abre unha nova oportunidade para aproveitar o potencial do galego como factor de crecemento económico e de competitividade internacional”, aseverou o delegado, e apunto a áreas como a Intelixencia Artificial, a tradución, a aprendizaxe e a divulgación cultural.
O financiamento do Goberno ao proxecto Nós servirá para compilar recursos e desenvolver ferramentas de alta calidade para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. Os recursos desenvolvidos en Nós serán de libre acceso, o que vai facilitar o desenvolvemento de produtos e servizos finais baseados na lingua galega, por parte das empresas, institucións e organizacións, tanto públicas como privadas.
“Falamos de que chatbots, robots conversacionais e outros dispositivos de Intelixencia Artificial dialoguen en galego, xa sexa no sistema de saúde, nas escolas ou na nosa relación cun banco, con calquera empresa. En definitiva, na nosa vida diaria. Estamos a falar de actuar sobre servizos básicos que melloran a calidade de vida das persoas”, explicou José Miñones.
O delegado, en termos máis xenéricos, remarcou que “Galicia está na axenda do Goberno” e que apoio ao proxecto Nós é “unha nova proba de que o Plan de Recuperación é unha realidade que xa chegou a Galicia para transformar o tecido produtivo e para modernizarnos”.
Engadiu tamén que o Goberno está a despregar en Galicia os fondos do Plan de Recuperación de xeito transparente e participado por todas as administracións. Neste caso coa colaboración, da administración autonómica e tamén de organismos como o Instituto da Lingua Galega ou o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), ambos os dous da Universidade de Santiago.
O apoio ao proxecto Nós englóbase na subvención aprobada onte no Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, por valor de 7,5 millóns de euros para impulsar proxectos vinculados á lingua en Galicia, Euskadi, Cataluña e Comunidade Valenciana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?