Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O xornalista Juanma Romero (TVE) mostrará ao tecido emprendedor de Ferrol como visualizarse nas novas canles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O xornalista Juanma Romero (TVE) mostrará ao tecido emprendedor de Ferrol como visualizarse nas novas canles

S. P.
Publicado: 17/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

magisnet_1_.jpgO xornalista Juanma Romero, director do programa de TVE Emprende. impartirá na nosa terra un obradoiro para persoas emprendedoras e unha conferencia aberta o día 22. A actividade dupla está organizada pola Asociación de Empresarios Ferrolterra coa colaboración do Concello de Ferrol, co “obxectivo de visualizar e reivindicar a cidade departamental como referente emprendedor”.
As actividades terán lugar no antigo Hospicio e comezarán co obradoiro, que se desenvolverá de 16.00 a 18.45 horas cun máximo de dez prazas. Juanma Romero aprenderalles ás persoas participantes como analizar cadansúas ideas de negocio e a importancia da visibilidade nos medios e ferramentas de información comunicación. Os seus obxectivos son: potenciar a xeración de novos negocios e formar a emprendedores e emprendedoras e a empresas de servizos (comercio e hostalería sobre todo) para conseguir unha maior visibilidade e aumentar as súas posibilidades de éxito.
Cun enfoque práctico, abordaranse cuestións como o emprendemento; as habilidades sociais e a economía; o carisma e a comunicación; a venda en plataformas dixitais ou a transformación dixital e os novos empregos vinculados a ela.
Por outra banda, ás 19.00 horas celebrarase unha conferencia do propio Juanma Romero aberta ao público en xeral, aínda que especialmente pensada para persoas emprendedoras e interesadas no emprendemento, empresas e estudantes. Tras unha presentación, o xornalista falará do tema que da nome á xornada: Emprender desde Ferrol para o mundo é posible. O obxectivo da charla é mellorar o posicionamento de Ferrol como referente emprendedor, promocionando entre a poboación a cultura emprendedora e deixando claro que desde Ferrol se pode emprender sen fronteiras.
O programa que dirixe Juanma Romero emítese semanalmente no Canal 24 Horas, La 1 e todas as canles internacionais de TVE, así como nas redes sociais Facebook, Twitter e Youtube en directo. O xornalista conta con máis de 50 premios nacionais e internacionais como recoñecemento ao seu labor profesional no mundo do emprendemento, a comunicación, o xornalismo, a difusión da transformación dixital e as novas profesións.
As persoas interesadas en inscribirse tanto no taller como na conferencia poden facelo na web da AEF ou a través do teléfono 981 333 305.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?