Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Airbus, Babcock e Telespazio contribuirán á consolidación da BFAero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Airbus, Babcock e Telespazio contribuirán á consolidación da BFAero

Redacción
Publicado: 21/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20221121_bfaero_01.jpgO vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou na xornada de benvida aos participantes na 4ª edición da Business Factory Aero que a visión, experiencia e coñecemento de Airbus, Babcock e Telespazio (os novos socios tecnolóxicos e industriais do Polo Aeroespacial de Galicia), contribuirán á consolidación desta aceleradora e ao desenvolvemento dos proxectos participantes.
Conde salientou que os obxectivos son potenciar o ecosistema tecnolóxico do sector cun enfoque máis internacional; maximizar as sinerxías entre a BFAero e o Polo Aeroespacial de Galicia; garantir a consolidación desta industria coa captación de novos proxectos e favorecendo o crecemento dos apoiados en anteriores convocatorias; e converter esta aceleradora nun referente na Unión Europea de innovación aberta e disruptiva no sector.
Na nova edición desta iniciativa da Xunta colaboran, xunto coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), o Consorcio Aeronáutico Galego, e Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. O responsable de Economía, Industria e Innovación da Administración autonómica sinalou que o seu apoio, xunto co dos tres novos socios tecnolóxicos e o que seguen prestando outras compañías de referencia no sector implicadas no proxecto, como Indra e Boeing, é vital para que a Business Factory Aero sexa a canteira de proxectos, empresas e startups que van marcar o futuro desta industria en Galicia e a súa proxección internacional.
20221121_bfaero_02.jpg Nas tres edicións que se celebraron ata o de agora participaron 19 empresas, 8 delas de nova creación; con 60 postos de traballo vinculados; e máis de 5 millóns de euros de investimento mobilizado a través dos diferentes proxectos.
A cuarta edición foi a que máis solicitudes recibiu, cun total de 88 propostas, das cales foron seleccionadas 11. Destas, 8 son galegas e 3 de Cataluña, Navarra e Uruguai, o que corrobora a aposta pola internacionalización e a captación e retención de talento no sector aeroespacial. Esta edición incorpora como novidade a fase de incubación, na que participan tres proxectos; ademais da de aceleración, con 5; e consolidación, con 3. Espérase que entre a cuarta e a quinta edición da aceleradora se invistan un total de 7,2 millóns de euros, co que se pretende dar apoio en total a 25 empresas do sector.
A BFAero será un importante apoio para o Polo Aeroespacial de Galicia, para o que se reservan nos Presupostos da Xunta do próximo ano un investimento de 27 millóns de euros, para proseguir coa despregadura de solucións e para seguir consolidando industria arredor desta iniciativa. Xa ten programados máis de 300 millóns de euros de fondos público-privados, pero aspírase a aumentar este investimento se finalmente o Polo ten encaixe no Perte Aeroespacial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?