Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Xemelgo Dixital de Smartiago dá forma a un living lab de solucións innovadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Xemelgo Dixital de Smartiago dá forma a un living lab de solucións innovadoras

S. P.
Publicado: 21/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartiago_cidade_vella_santiago_cidade_intelixente.jpgA empresa adxudicataria da proposta de Smartiago (o proxecto de Cidade Intelixente de Santiago) para unha mobilidade sustentable, Itera Técnica, rematou a semana pasada as súas actividades en aberto. Así o confirmou o Concello, que indica que as ditas actividades serviron entre outras cousas para outorgar o perfil definitivo ao Living Lab SmartWay, espazo de interacción aberta para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras que comezará a súa plena actividade en datas vindeiras.
Ás sesións asistiron representantes de institucións e empresas privadas relacionadas coa tecnoloxía ou a innovación, así como persoas cun interese máis persoal no proxecto do Xemelgo Dixital da iniciativa Smartiago. Durante a súa duración, o público aprendeu a usar e acceder á plataforma SmartWay e a participar no Living Lab a través de diferentes roles: usuario, colaborador ou como asistente ás actividades. A un nivel máis científico explicáronse os pasos para o modelado do movemento da cidadanía coa ferramenta Pathfinder, ademais da simulación da mobilidade na cidade de Santiago. As persoas ou entidades interesadas en coñecer máis en detalle o Xemelgo Dixital deberán rexistrarse na web para obter datos sobre as simulacións de mobilidade.
Nun plano máis concreto, as sesións serviron para que os relatores explicaran que o obxectivo do proxecto Xemelgo Dixital compostelán é senta os alicerces “para unha xestión intelixente da mobilidade na capital galega”. Para isto, realizouse a construción dun modelo plenamente funcional de Santiago que “representa con razoable precisión a realidade, permitindo así simular como se moven as persoas dentro do espazo físico da cidade”, aclararon os relatores.
Para realizar o modelado empregouse o software Pathfinder, de Thunderhead Engineering, e a linguaxe de programación R para a xeración de scripts. Dende Itera salientaron que “Pathfinder proporciona unha interface gráfica para o deseño e execución de simulacións, así como ferramentas de visualización 2D e 3D para a análise de resultados”. Tamén fixeron saber que “o modelo final da zona permite visualizar a simulación nun día concreto a partir de datos reais obtidos a través de sensores colocados en diferentes puntos, segundo o día da semana, ou mediante datos elixidos polo usuario”. Esta ferramenta tamén proporciona información sobre o número de persoas por rúa e permite definir rexións nas que medir a ocupación ou pechar rúas virtualmente e analizar os cambios nos fluxos de desprazamento dos cidadáns modificando parámetros como o número de viandantes, a súa velocidade ou o tipo de comportamento, engadiron dende a empresa tecnolóxica.
Na xornada de capacitación en financiamento abordáronse as diferentes formas de poñer en marcha o proxecto Xemelgo Dixital ao respecto das axudas, subvencións ou programas. Ademais, tratáronse diversas oportunidades para obter financiamento a nivel autonómico, destacando as axudas promovidas pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), nacional e europea. Neste último caso destacou Horizonte Europa, o novo programa de investimento en investigación e innovación da Unión Europea para o período 2021-2027 (o seu predecesor é o H2020).
Proxecto Xemelgo
Dentro da liña de actuación de mobilidade de Smartiago atópase a iniciativa do Xemelgo Dixital, impulsado pola empresa Itera Técnica, que versa na creación dun modelo plenamente funcional e o máis preciso posible á realidade que permitirá simular como se moven as persoas no centro e no centro histórico de Santiago de Compostela. Para levar a cabo este proxecto substituíronse 22 bancos de mobiliario urbano en puntos estratéxicos da cidade que, xunto á aplicación móbil SmartWay Smartiago, permite coñecer os comportamentos dos peóns.
Este prototipo de simulación virtual dos fluxos de mobilidade “permitirá ao Concello de Santiago deseñar novas políticas de actuación ou prever futuros impactos na contorna urbana como, por exemplo, posibles aglomeracións en determinados eventos”, sinalou o Concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?