Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Prismas recoñeceron na Coruña o labor inclusivo de 7 proxectos científico-tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Prismas recoñeceron na Coruña o labor inclusivo de 7 proxectos científico-tecnolóxicos

S. P.
Publicado: 22/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

premios_prisma_a_coruna.jpgEste 19 de novembro entregáronse na Coruña os Premios Prismas, que recoñeceron no seu 35 aniversario o importante labor social e inclusivo de sete proxectos científicos e divulgativos. Na gala participou a alcaldesa Inés Rey, quen lembrou que os galardóns veñen da man do Concello a través dos Museos Científicos, e que este ano puxeron o foco (especialmente) na innovación e na capacidade divulgativa para achegar o público a diferentes cuestións científicas. “Ademais de ser xa unha cita habitual, este é tamén un dos actos máis simbólicos e emotivos deste Concello”, dixo Inés Rey. No certame, distinguiuse (entre outros) o proxecto Talentos Inclusivos do CITIC.
Palmarés
O Prisma Especial do Xurado foi para o investigador Enrique Pérez Montero, do Instituto Astrofísico de Andalucía do Consello Superior de Investigacións Científicas (IAA-CSIC) polo seu traballo para achegar a ciencia ás persoas con discapacidade visual e facer reflexionar ao conxunto da sociedade.
O certame premiou cun Prisma de Bronce os mellores traballos en sete categorías: Vídeo, Novos medios, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, recibiron un premio de 4.000 euros.
O mellor traballo en vídeo foi para Camino a Congreso, unha serie web do IAA-CSIC, por unha ficción audiovisual de gran calidade técnica que retrata con humor o día a día dun equipo científico. O capítulo premiado relata como dous membros do equipo investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía embarcan nunha viaxe a Congreso, unha localidade de Almería, para chegar a tempo a un obradoiro de expertos en evolución galáctica.
O mellor traballo en Novos medios recaeu en Yonki Books, de Oihan Iturbide, por achegar recursos de gran calidade, con riqueza de formatos e perspectivas, sobre as adiccións, un problema arrodeado de estigmas e prexuízos. Trátase dun sitio web que presenta recursos en diversos formatos (libros, entrevistas…) para abordar a adicción e os trastornos asociados ás substancias ou determinados comportamentos.
O mellor libro editado foi Acoso, de Ángela Bernardo Álvarez, en Next Door Publishers, por “presentar unha investigación rigorosa sobre o acoso, un problema de gran transcendencia que afecta aos dereitos fundamentais das persoas que se dedican á ciencia”. Segundo o xurado, o libro “desprega un traballo xornalístico sobre o acoso sexual e o acoso por razón de sexo nas universidades e nos organismos públicos de investigación”.
Historia de un secuestro génetico, así fue como una mosca robó “superpoderes” a una planta, de Jesús Méndez González, foi recoñecido como mellor artigo xornalístico. Publicado na Axencia SINC, converteu unha investigación de ciencia básica e moi pouco coñecida nunha historia fascinante de gran calidade xornalística. “O artigo describe o primeiro caso de transferencia xenética que se observa entre un vexetal e un animal complexo, e que funciona”, salientouse.
Como mellor proxecto singular galardoouse Dones de ciencia, promovido pola Universidad Politécnica de Valencia, por “visibilizar a científicas contemporáneas nun proxecto de amplo alcance que combina arte e ciencia coa a participación da cidadanía”.
O xurado tamén decidiu outorgar unha mención especial a La ciencia del chup chup, de Elena Sanz, na modalidae de Libro editado, neste caso en Editorial Planeta; e unha segunda mención especial na modalidade de Proxecto singular a Talentos Inclusivos, do CITIC (Universidade da Coruña) e ASPACE.
Por último, decidiu declarar deserto o Prisma ao mellor texto inédito ou autoeditado de divulgación científica.
Presidiu o xurado Pampa García Molina, xornalista científica, coordinadora do Science Media Centre España; e integrado por María Viña Rebolledo, xefa de sección técnica do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía); Núria Jar Benabarre, xornalista científica; Isidora Fernández Bañados, especialista en compromiso científico en Science for Change; Félix Sánchez-Tembleque Díaz-Pache, técnico superior no CITEEC- Universidade da Coruña; e Iván Rodríguez Arós, artista especializado en divulgación científica en Divulgare-Universidade de Vigo; actuando como secretario Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?