Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña, á vangarda en eAdministración segundo un informe do Consello de Contas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña, á vangarda en eAdministración segundo un informe do Consello de Contas

S. P.
Publicado: 23/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Valentín González, presidente da institución provincial coruñesa
Valentín González, presidente da institución provincial coruñesa
A Deputación da Coruña obtivo un importante recoñecemento ao seu traballo en materia de transformación e dixitalización. Concretamente, a distinción veu da man do Consello de Contas de Galicia, que publicou un informe (accesible en formato PDF) sobre o grao de implantación da Administración Electrónica nas entidades locais de Galicia no período 2019-2020 que sitúa á Deputación da Coruña á vangarda en implantación da eAdministración.
O informe destaca o “cumprimento favorable” da Deputación da Coruña neste ámbito e recoñece “a planificación e a aposta pola dixitalización da administración tanto no que se refire á propia institución provincial, como na asistencia técnica que ofrece sos concellos de menos de 20.000 habitantes”.
O informe destaca tamén “que a Deputación da Coruña é a única de Galicia que presta este servizo de xeito directo (con persoal e recursos propios, sen recorrer a contratacións externas) a todos os concellos susceptibles de recibila, mediante a intervención de persoal de varias unidades administrativas”, fundamentalmente do servizos de Asistencia aos Concellos, Administración Electrónica, Sistemas e Soporte Informático e Contabilidade. Apunta ademais que a Deputación duplicou o número de traballadores e traballadoras de perfil TIC que prestan estes servizos, pasando de 10 a 19 persoas entre 2019 e 2020.
No apartado de planificación, a Deputación da Coruña aproba en todos os ámbitos deste epígrafe (avaliación inicial, recomendacións, seguimento e planificación) e destácase que “conta cun amplo catálogo de servizos que oferta a un total de 72 dos 82 concellos de menos de 20.00 habitantes da provincia, non existindo ningún concello que solicitase a prestación e non a recibise”.
deputacion_coruna_dixitalziacion_dipu.jpg A entidade provincial que presidente Valentín González salienta que “grazas a este apoio técnico da Deputación, 72 municipios contan a día de hoxe con servizos dixitais que axilizan o traballo administrativo e facilitan as xestións da cidadanía como a sede e o rexistro electrónico, identificación e sinatura electrónica, notificacións electrónicas, cartafol cidadán, expedientes dixitais, plataforma de intermediación de datos, códigos seguros de verificación, hospedaxe da web municipal ou factura electrónica”.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que “os bos resultados desta auditoría do Consello de Contas de Galicia son posibles grazas a aposta pola dixitalización da administración que vén facendo a Deputación nos últimos anos a través do proxecto Concello Dixital, un proxecto integral destinado á dixitalización das entidades locais, que nace de abaixo arriba, recollendo as demandas e necesidades dos concellos, e que ten como obxectivos principais mellorar a atención á cidadanía, facilitar o acceso a calquera trámite coa administración e axilizar a tramitación dos expedientes”.
Na actualidade, o proxecto Concello Dixital liderado pola Deputación da Coruña integra 80 entidades da administración local da provincia: 70 concellos, 3 consorcios, 5 mancomunidades, un auditorio e a propia Deputación.
A entidade tamén traballa no ámbito da protección tecnolóxica (de información, de sistemas, de comunicacións) ao abeiro da Axenda Europea e España Dixital 2025. Na actualidade, o plan provincial de ciberseguridade destinado a entidades locais de menos de 20.000 habitantes conta xa con 67 concellos adheridos na súa primeira fase de execución.
Ademais, a institución pon o foco na inclusión dixital e na democratización de acceso aos datos por parte da cidadanía: “Na Deputación estamos a traballar para reducir a fenda dixital que entre as zonas urbanas e as rurais e para ofrecer máis e mellores servizos á cidadanía, sen esquencer a implantación de fórmulas de inclusión dixital para facer a eAdministración accesible tamén para as persoas maiores”, afirmou Formoso, que detallou que alén dalgunhas medidas que xa están en funcionamento, como o acordo con Correos para facilitar o pagamento de tributos en calquera municipio da provincia a través da súa rede de oficinas ou dos carteiros, o Goberno provincial traballa en fórmulas que faciliten que a cidadanía poda realizar os seus trámites administrativos electrónicos de forma sinxela, mediante a creación de puntos de inclusión dixital nos que se axude ás persoas a realizar trámites online ou reforzando os servizos de soporte e a atención presencial á cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?