Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Proa acolle un obradoiro de WordPress e o un encontro de networking de profesionais TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Proa acolle un obradoiro de WordPress e o un encontro de networking de profesionais TIC

S. P.
Publicado: 23/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

a_proa_wordpress_portada_0-2.jpgO espazo de coworking A Proa, emprazado no Polígono de Novo Milladoiro (Ames), organiza este outono dúas novas actividades dirixidas a persoas emprendedoras e autónomas. O primeiro dos obradoiros, WordPress en acción, celebrarase este xoves, 24 de novembro, e nel ensinaranse conceptos básicos sobre a creacións de páxinas web. O xoves 1 de decembro desenvolverase un encontro de networking no que se reunirán profesionais do mundo dixital e tecnolóxico. Estes novos obradoiros chegan despois dos talleres de lingua portuguesa e de iniciación no mundo empresarial que se celebraron o pasado mes de outubro.
Taller práctico sobre WordPress
Este xoves, 24 de novembro, ofrecerase a actividade WordPress en acción, un taller práctico para emprendedores no que os participantes poderán aprender a configurar unha páxina web básica. Será ás 12:00 horas no espazo do coworking, e estará impartido pola deseñadora web Luján Kubrusli.
Entre todos os asistentes sortearase unha web, e o gañador poderá desfrutar de maneira gratuíta da configuración e do deseño dos que se fará mostra no taller. A entrada á actividade é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e é necesario inscribirse premendo na ligazón especifica habilitada.
I Encontro Dixital 2022
Por outra banda, o 1 de decembro celebrarase o I Encontro dixital 2022, unha actividade dirixida a profesionais do mundo dixital e tecnolóxico que servirá para que deseñadores, marketers dixitais, editores e programadores se unan para compartir coñecemento e experiencia sobre o sector, e tamén para coñecer a outros profesionais da zona. Celebrarase ás 18:00 horas, tamén no espazo de traballo colaborativo e innovador de Milladoiro, e estará organizado por Luján Kubrusli e Isabel Viñas, deseñadora web en Impulsa Dixital. A entrada, de balde, pódese conseguir premendo na ligazón xa habilitada.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “o 5 de outubro comezou un novo ciclo de obradoiros que se imparten no centro de coworking A Proa. Desta volta vaise a impartir esta semana un obradoiro de wordpress e o vindeiro xoves, 1 de decembro, celebrarase o primeiro Encontro dixital 2022, que está dirixido a profesionais do mundo tecnolóxico”.
A Proa é un espazo de traballo colaborativo que ten como obxectivo ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego. A instalación está concibida para “que persoas autónomas e emprendedoras compartan espazos, fomentando a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade”.
O local está localizado na entrada do Parque Empresarial do Milladoiro (Rúa das Hedras, 2), e conta con 400 metros cadrados, tres salas de xuntas, aulas de formación e eventos, unha zona de recepción, outra de reprografía, de descanso, aseos e un vestíbulo. O espazo pertence á Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?