Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cultura e Educación inxecta 1 millón de euros para o futuro Centro de Investigación en Industria Intelixente (UDC)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cultura e Educación inxecta 1 millón de euros para o futuro Centro de Investigación en Industria Intelixente (UDC)

S. P.
Publicado: 23/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rodriguez_abalde_udc_cutura_xunta_educacion_conselleria.jpgA Consellería de Cultura e Educación ratificou o seu apoio ao proceso de innovación, transformación e excelencia investigadora, docente e tecnolóxica do Campus Industrial de Ferrol (UDC). Farao cunha inxección de 1 millón de euros para a construción do novo Centro de Investigación en Industria Intelixente (CI3). Así o subliñou este mércores 23 de novembro o conselleiro Román Rodríguez, que comentou que a infraestrutura “será un polo de innovación ao servizo de proxectos estratéxicos de enxeñaría, innovación e deseño”.
roman_rodriguez_julio_abalde_conselleria_educacion_udc.jpg O centro, segundo fixeron saber Rodríguez e o reitor Julio Abalde, reunirá nun só edificio seis ámbitos de especialización como son a robótica industrial, materiais, optimización de procesos industriais, enxeñaría naval e offshore, xestión industrial e desenvolvemento de produto.
“Este centro está configurado como unha infraestrutura singular no eido da enxeñaría industrial e naval”, asegurou o conselleiro Román Rodríguez, que subliñou que isto suporá crear “un polo de innovación de fabricación aditiva da industria 4.0”. Deste xeito, nel poderán aplicarse e poñerse en marcha proxectos estratéxicos e tractores no eido da enxeñaría, a innovación e o deseño.
Edificio de 1.455 m² de superficie
Ao abeiro deste convenio a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades asume o custo do programa funcional e da redacción do proxecto para a construción do Centro de Investigación en Industria Intelixente, de cuxa materialización se encarga a UDC.
Trátase dun edificio de 1.455 m² de superficie que se situará na avenida de Esteiro, na cidade de Ferrol e que dará acubillo a todas as ferramentas e recursos nun mesmo espazo multidisciplinar á disposición dos investigadores para dar resposta aos grandes retos da industria 4.0, ámbito no que o campus conta cunha acreditación de especialización.
O CI3 estará centrado nas liñas estratéxicas de investigación en novos materiais e técnicas de fabricación, modelado, enxeñería naval e oceánica, fabricación aditiva e materiais avanzados.
O edificio contempla unha dotación para laboratorios e zonas de espazos xerais con museo científico, espazos de rent-out e minilabs e zonas de almacenamento e servizos xerais.
A sinatura do acordo
Á sinatura do acordo entre a Consellería e a UDC asistiron Román Rodríguez, Julio Abalde e máis a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Domingo Calvo, e a Subdirectora Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, Maru Tallón.
Mediante este acordo, a Xunta aportará 950.000 euros para dar comezo á creación do novo Centro de Investigación en Industria Intelixente, Ci3, que a Universidade da Coruña construirá ao lado do Campus de Ferrol.
En concreto, trátase dun edificio de nova construción de 14.771 metros cadrados, con nove niveis divididos en dous sotos, seis andares e un entresolo situado nunha parcela de 1.455 metros cadrados na avenida de Esteiro. O reitor explicou que “o proxecto está xa adiantado pois xa se dispón dun anteproxecto de necesidades que establece que o edificio contará con espazos xerais, área de laboratorios e áreas técnicas”.
O proceso que hoxe se inicia continuará de forma inminente coa licitación do proxecto. A previsión é que a elaboración do proxecto leve un ano e que, despois, buscando unha vía de financiamento coa Xunta se saque a concurso a construción dun edificio que podería estar realizado a finais do ano 2025.
Para o reitor, a formalización deste convenio “é un paso moi importante dentro do proxecto de desenvolvemento do Campus de Ferrol iniciado en 2016”. “Con este acordo iníciase o proceso de creación dun novo edificio de investigación ao servizo do sector produtivo e do desenvolvemento de Ferrol e comarcas”, engadiu Abalde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?