Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A placa Ardunio e o Escornabot centraron un obradoiro de outono no Campus de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A placa Ardunio e o Escornabot centraron un obradoiro de outono no Campus de Ourense

S. P.
Publicado: 24/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_maker4.jpgO software-hardware libre Arduino e o Escornabot, o popular proxecto robótico de código aberto con gran potencial para usos docentes en materia de programación, centraron esta tempada un obradoiro maker que puxo o foco no ámbito educativo e na iniciación ao desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas. Celebrouse na Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense durante os meses de outubro e novembro. O obradoiro Habilidades maker para a educación con Escornabot vén de rematar a súa actividade.
A iniciativa formou parte da programación de obradoiros de extensión universitaria do Campus de Ourense, organizados pola súa vicerreitoría con financiamento da Deputación Provincial. Dirixido pola profesora Almudena Alonso, a actividade xurdiu como “un espazo para desenvolver habilidades creativas e argalleiras poñendo o foco no ámbito educativo; un espazo para a reflexión e construción conxunta no que a tecnoloxía convértese nun contexto para a mellora da práctica docente”. A formación apostou por trasladar á educación os principios do movemento maker de “formar unha cidadanía dixital crítica e mellor preparada”.
A programación do actividade arrancou cunha introdución á robótica educativa e máis concretamente ao proxecto Escornabot. Cun carácter eminentemente práctico, as e os asistentes continuaron a súa formación coa montaxe, experimentación, programación e personalización dun robot Escornabot e o deseño e creación de propostas didácticas. A formación tamén incluíu unha iniciación ao deseño e impresión 3D e á programación e electrónica con Arduino. O obradoiro, sinalou a súa coordinadora, pretendeu promover a filosofía do DIY (Do It Yourself), a ABP (aprendizaxe baseada en proxectos) e as habilidades maker, ademais da reflexión “sobre as posibilidades destas tecnoloxías, como contexto de aprendizaxe, na educación en xeral e no apoio á diversidade en particular”.
Na formación participaron oito persoas de perfil diverso, entre elas estudantes dos graos en Educación Infantil, Educación Primaria e Enxeñaría Informática e do programa conxunto dos graos de Administración e Dirección de Empresas-Enxeñaría Informática. A docencia correu a cargo da propia Almudena Alonso e de Miguel Gesteiro, ambos especialistas en tecnoloxía educativa. A celebración do obradoiro dá continuidade a outras accións formativas similares celebradas en anteriores edicións da programación de extensión universitaria do Campus de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?