Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña conmemora co 25N poñendo o foco na loita contra as violencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña conmemora co 25N poñendo o foco na loita contra as violencias dixitais

S. P.
Publicado: 25/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_coruna_25n.jpg
Baixo o lema De Fronte á violencia de xénero, neste ano 2022 a Deputación da Coruña está a desenvolver unha serie de actividades encamiñadas a poñer o foco na loita contra as violencias dixitais. “É nestas contornas tecnolóxicas onde se está dando un incremento moi importante de ataques, que afecta a amplas capas da sociedade, mais dun xeito maioritario a mulleres adolescentes” asegurou María Muíño durante a súa intervención no acto institucional deste 25-N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres), engadindo que “non podemos deixar que sexa unha violencia invisible, senón que temos que analizala, investigala, combatela e destinar recursos na prevención do ciberbulling, do sexting, do grooming, da sextorsión ou da pornografía non consentida”.
deputacion_coruna_25n_mor1596.jpg Para exemplificar e denunciar este tipo de situacións, trala intervención da deputada de Igualdade, a actriz Marta Ríos puxo en escena unha peza de micro-teatro na que representou ante o alumnado unha situación de grave situación de violencia machista nas redes. Esta actividade presencial, compleméntase cunha serie de vídeos protagonizados por Melania Cruz e que están dispoñibles na web da campaña defronte.gal, para sensibilizar sobre diferentes situacións reais de violencia dixital e ofrecer ferramentas contra o ciberacoso, o sexting, sextorsión ou o groomin.
deputacion_coruna_25n_mor1500.jpg A sesión no IES Puga Ramón (á que tamén asistiron o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, persoal técnico do departamento provincial de Igualade e persoal docente do IES) rematou cunha actuación a cargo de sete alumnas do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación titulada Vivas.
Dende a entidade provincial fixeron saber que a decisión de dirixir a campaña cara a poboación moza nas violencias dixitais baséase en “datos estatísticos que indican que 1 de cada 5 rapaces de entre 16 e 25 anos considera que a violencia machista non existe” e asimílana como “un invento ideolóxico creado polo movemento feminista, e que só 4 de cada 10 considera que as desigualdades de xénero son elevadas e causan dano ás mulleres”.
deputacion_coruna_25n_mor1377_1_.jpgDeclaración institucional
O pleno da Deputación, celebrado este venres 25 comezou coa lectura da Declaración institucional do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2022, acordada por todos os grupos políticos da corporación.
Entre outros datos, a Declaración Institucional da Deputación da Coruña recolle as “cifras alarmantes” de casos de violencia machista neste ano 2022: 57 mulleres foron asasinadas polas violencias machistas, 23 fillos e fillas quedaron orfos e un menor foi asasinado por violencia vicaria, segundo o conxunto dos datos oficiais coñecidos ata o momento.
“Os crimes machistas son perdas inasumibles nunha sociedade avanzada e moderna”, recolle o documento institucional, que tamén pon o foco en que “estamos ante unha cuestión de Estado, de saúde pública e un grave atentado aos Dereitos Humanos. Temos diante unha realidade innegable que nos interpela a todos e todas a unha acción firme en prol da erradicación da violencia contra as mulleres e das actitudes sociais que a toleran, a xustifican, ou mesmo a banalizan. Debemos intensificar esforzos para combater o machismo e condenar todas as actitudes, prácticas e condutas que consenten e reproducen as violencias machistas”.
deputacion_coruna_25n__mor1430.jpg Nesta declaración, a Deputación ratifica o compromiso co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, lembrando a necesidade de continuar avanzando no seu desenvolvemento e reivindicando o papel que xogan as entidades locais. Tamén se compromete, entre outras cuestións, a continuar traballando na ruptura do silencio, sensibilizando e concienciando á cidadanía do problema estrutural que para a nosa sociedade supón a violencia machista; demanda a utilización de todos os recursos que sexan necesarios na asistencia, axuda e protección das vítimas e dos seus fillos e fillas; e recolle un compromiso expreso co mantemento do programa de subvencións, posto en marcha pola Deputación da Coruña, a concellos e outras entidades locais para o financiamento de persoal técnico axentes de igualdade e ao programa de financiamento destinado a entidades que traballan pola igualdade e na loita contra a violencia machista, para desenvolver programas de formación, conciliación, intervención e sensibilización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?