Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN entrega o 20 de decembro en Santiago os III Premios Galicia de Innovación e Deseño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN entrega o 20 de decembro en Santiago os III Premios Galicia de Innovación e Deseño

S. P.
Publicado: 25/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premiosdiseno2022.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza o vindeiro mes a cerimonia de entrega da terceira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Estes galardóns, que serán entregados o martes 20 de decembro ás 19.00 horas no Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela), son unha iniciativa da Xunta de Galicia (GAIN) para “recoñecer o labor das persoas e empresas referentes do avance económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño”.
O xurado estivo integrado por profesionais de recoñecido prestixio. O resultado do seu traballo foi a selección das e dos seguintes finalistas:
-Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década:
• Compañía Española de Algas Marinas (CEAMSA).
• Puentes y Calzadas.
• Unvi Carroceros.
-Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos:
• Alen Space.
• Centum Research&Technology.
• Little Electric Car España.
-Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector:
• Costa Comunicación Visual.
• Isaac Piñeiro Meira.
• MMASA.
-Talento emerxente: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos:
• Raquel Fernández Caamaño.
• Roberto Costas Fernández.
• Sara Regal Alonso.
-Empresas: empresas consolidadas que incorporaran o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década:
• Hifas da Terra.
• Unvi Carroceros.
• Vertifil Industrial.
-Traxectoria innovadora: empresarios/ as e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?