Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ITG e NTT Data mostran as capacidades da UMI AIRUS para carrexar medicamentos con drons nas cidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ITG e NTT Data mostran as capacidades da UMI AIRUS para carrexar medicamentos con drons nas cidades

S. P.
Publicado: 25/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20221125_conde_itg_3.jpgA Coruña acolleu este venres 25 a presentación de resultados da Unidade Mixta de Investigación AIRUS, impulsada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a multinacional especializada en tecnoloxías emerxentes NTT Data co apoio da Administración autonómica (Consellería de Economía), cun investimento público-privado de 2,2 millóns de euros. Na cita participaron Francisco Conde, conselleiro de Economía, Enrique Sánchez, responsable da división de Solucións Aéreas Non Tripuladas en NTT Data, e Analía López Fidalgo, directora de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados de ITG,
Segundo lembraron, AIRUS é un software deseñado por ITG e NTT Data que facilita a integración eficiente e segura dos vehículos aéreos non tripulados no espazo aéreo, respondendo así a un dos grandes retos do sector. Permitira cousas concretas como enviar medicamentos dun centro de saúde a outro, advertindo das posibles incidencias aos supervisores dos plans de voo, que terán a capacidade de modificar rutas ou facer calquera outro cambio no itinerario. Esta situación, aplicada ao exemplo da Coruña, foi representada este venres 25 polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e NTT Data, mostrando así as capacidades operativas que permite AIRUS, a plataforma tecnolóxica desenvolvida por ambas as entidades para facilitar o control de tráfico aéreo non tripulado en escenarios complexos e calquera ámbito xeográfico.
20221125_conde_itg__1.jpg Durante a presentación nas oficinas da Coruña de NTT Data, expúxose un caso de uso que pode axudar a “mellorar de forma notable o tempo de transporte nas organizacións sanitarias, axudando a que o proceso loxístico sexa máis eficiente e impulsando un tempo de resposta moito menor en toda a actividade que requira de servizos de transporte”, explicaron, engadindo que “este caso é posible mediante drons non tripulados e mellorando mellorar de xeito signifativo as entregas nun recinto hospitalario, o envío de material, utensilios ou medicamentos entre centros de saúde, evitando hipotéticos problemas derivados do tráfico e acelerando a disposición xeneralizada de paquetes con contidos críticos para o cidadán”.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, resaltou que Galicia estase a converter en referente no transporte intelixente do futuro con proxectos como a UMI AIRUS, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. Tamén salientou que no Polo xa se levaron a cabo proxectos como Galician Skyway, liderado por Boeing, enfocado cara a seguridade aérea, lembrando tamén que Boeing e Indra están desenvolvendo simuladores avanzados que estarán operativos a partir do próximo ano no CIAR.
O vicepresidente económico destacou que “nesta nova etapa que agora se abre da man dos novos socios tecnolóxicos industriais (Airbus, Babcock e Telespazio) búscase consolidar o Polo como referente a nivel nacional e europeo para estas novas tecnoloxías que contribúan ao desenvolvemento do marco normativo que ten que regular a mobilidade aérea en Europa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?