Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 130 persoas fomentan a mobilidade sustentable en Santiago coa app SmartWay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 130 persoas fomentan a mobilidade sustentable en Santiago coa app SmartWay

S. P.
Publicado: 25/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartway_smartiago.jpgUn total de 134 persoas xa contan no seu teléfono móbil con SmartWay Smartiago, a aplicación que premia á cidadanía que promove a mobilidade sustentable en Santiago, ao abeiro do proxecto Xemelgo Dixital (enmarcado á súa vez na iniciativa Smartiago, a iniciativa de Cidade Intelixente impulsada polo Concello de Santiago).
Esta aplicación pode descargarse de xeito gratuíto nos sistemas iOS e Android e o seu funcionamento, segundo informa o Concello, é moi sinxelo: unha vez descargada a aplicación, a persoa usuaria deberá rexistrarse cos seus datos persoais para poder monitorizar a súa propia ruta, podéndoa compartir cun coñecido ou familiar. Ademais, dependendo de factores como o modo de desprazamento elixido (a pé, en bicicleta ou moto), a persoa usuaria obterá puntos que poderá trocar en Smartket, un espazo virtual onde se atopan varias entidades e comercios locais que ofertan os seus servizos ou produtos con descontos.
Polo de agora a lista de colaboradores comprende o Centro Comercial As Cancelas, a tenda ecolóxica de comestibles A Cesta da Saúde, o Multiusos Fontes do Sar e a tetería e ecotenda O Xardín dos Soños.
“SmartWay Smartiago é unha aplicación que está en constante revisión para seguir mellorando a súa utilidade”, explicou o Concello, poñendo o foco no seu potencial para facilitar á Administración local posicionar a urbe como pioneira no fomento da mobilidade intelixente e sustentable, podendo trasladar o seu uso a outras Cidades Patrimonio de España.
Proxecto Xemelgo
Dentro da liña de actuación de mobilidade atópase a iniciativa do Xemelgo Dixital, impulsado pola empresa Itera Técnica, que versa na creación dun modelo plenamente funcional e o máis próximo posible á realidade de Santiago de Compostela.
Para levar a cabo este proxecto substituíronse 22 bancos de mobiliario urbano en diferentes puntos da cidade. Cada un deles conta cun sensor que capta o movemento da cidadanía.
Con este prototipo virtual poderanse modelar fluxos de mobilidade peonil e, sobre todo, estimar o impacto sobre os mesmos cos cambios que se produzan na contorna urbana.
O obxectivo final que persegue esta iniciativa de vangarda é acadar unha mellor planificación urbana e xestión de actividades ao poder contrastar as predicións dos resultados deste xemelgo dixital coa evolución dos movementos das persoas reais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?