Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro de Talentia Summit puxo o broche de ouro a unha feira que superou os 26.000 participantes virtuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro de Talentia Summit puxo o broche de ouro a unha feira que superou os 26.000 participantes virtuais

S. P.
Publicado: 25/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

participantes_no_foro_talentia.jpgO auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago) acolleu este 24 novembro de 2022 o broche de ouro de Talentia Summit (edición 2022), a feira de emprego, emprendemento e innovación do Concello de Santiago. Estamos a falar do Foro de Talentia Summit, que constituíu a vertente máis presencial do programa. Yolanda Vázquez foi a condutora dun acto que contou con relatores de prestixio. A vertente artística veu da man de Fredi Leis, músico e compositor local. O foro foi inaugurado polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na compaña do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.
Amais, contou coa presenza de diversos referentes do talento en diferentes áreas (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas, educación, mercadotecnia, recursos humanos ou economía), como Gemma Ventura Santasusana (experta en Procesos de Xestión da Felicidade), Juan Antonio Báez Morín (vicepresidente do Consello da Xuventude de España), Eva Porto (psicóloga, recrutadora e creadora de contidos), Luis Gil (catedrático da ETSI Montes, Forestal do Medio Natural) e Miriam Blanc (experta en automatización, intelixencia e minería procesos). O foro foi, en palabras da organización, unha gran festa do talento, a innovación e o coñecemento avanzado.
Balance
o_alcalde_xose_sanchez_bugallo_na_sua_intervencion_no_foro.jpg Coincidindo coa recta final da feira virtual de talento e emprego Talentia Summit”22, que comezou o pasado 9 de novembro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o responsable do Departamento de Emprego, Xabier Ferreiro, aproveitaron para facer balance dalgúns dos resultados obtidos nesta nova convocatoria. O alcalde anunciou que Talentia Summit”22 contou finalmente con 26.000 usuarios activos na feira virtual (conectados o 90% deles dende diferentes recantos do ámbito estatal, boa parte dos cales -o 17%- dende Santiago, aínda que tamén de Madrid, Vigo, A Coruña, Barcelona, Pontevedra ou Sevilla), 2.417 usuarios de cursos de formación e certificacións oficiais, 2.300 currículos intermediados para as 594 vacantes ofertadas e 1.100 vídeo-conferencias en entrevistas virtuais con empresas. Trátase dunhas “cifras tremendamente importantes que indican que este evento cumpre a súa misión de potenciar e poñer en valor o talento”, engadiu o rexedor.
Talentia, engadiu, ofrece cada ano “un gran catálogo de actividades gratuítas e que permiten ás persoas conectar de forma áxil e sinxela cunha gran rede de empresas e organizacións que están á procura de talento”. O evento pon ademais á disposición das persoas interesadas “unha ampla oferta formativa, certificacións oficiais e unha unidade de desenvolvemento profesional”, explicou o rexedor compostelán.
Formato híbrido
talentia_summit_2022-2.jpg A nova convocatoria de Talentia Summit desenvolveuse en Santiago entre o 9 e 18 de novembro do 2022, co engadido do seu capítulo presencial: o foro. Contou cun formato híbrido (primeiro virtual e logo físico) e tivo o obxectivo de “afianzar a recuperación económica sobre alicerces de crecemento sólidos e con perspectivas de futuro”.
Durante os dez días de actividade de Talentia (máis o foro do día 24 de novembro) achegouse un amplo programa de actividades dirixidas á potenciación do talento, dando visibilidade ás organizacións e empresas máis comprometidas co desenvolvemento, a promoción e a retención destas capacidades. Doutra banda, os/as participantes puideron presentarse as empresas, acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas, e asistir a conferencias, obradoiros ou exposicións sobre a transformación dixital e outras moitas actividades para mellorar a súa capacidade de acadar un emprego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?