Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xunta, Navantia e UDC fan avanzar o estaleiro do futuro no Campus Industrial de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xunta, Navantia e UDC fan avanzar o estaleiro do futuro no Campus Industrial de Ferrol

S. P.
Publicado: 25/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_navantia_estaleiro_6.0.jpgO Campus de Ferrol acolleu este venres 25 de novembro a presentación do Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia. Trátase, segundo se fixo saber, da evolución da Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia, constituída en 2015 e que implicou a un centenar de investigadores procedentes das dúas entidades. Será, engadiron, un sólido alicerce para o estaleiro do futuro.
Na cita participaron o reitor da UDC, Julio Abalde, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, o director do negocio de Fragatas e Buques de Navantia, Eduardo Dobarro, a directora de GAIN (Axencia Galega de Innovación), Patricia Argerey, o director do proxecto do centro por parte de Navantia, Rafael Morgade, e o investigador principal por parte da UDC no CEMI UDC-Navantia, Pablo Fariñas.
Pablo Fariñas mencionou algúns dos logros obtidos nos últimos seis anos de traballo. En concreto, dixo que co apoio de GAIN a UMI tivo un investimento total de 4,9 millóns de euros, dos que Navantia aportou tres, 1,4 millóns de Gain e 0,5, a UDC. Amais, mencionou algúns dos resultados acadados nas 16 liñas de investigación abertas coa UMI, como os 154 investigadores implicados, dos que 42 foron novas contratacións, que lle dedicaron ao proxecto máis de 368.000 horas de traballo. Dúas patentes e rexistros de software, un premio de transferencia de tecnoloxía, cinco procedementos industriais, tres algoritmos e dez modelos piloto “son algúns dos logros obtidos”, dixo, salientando tamén a parte académica, coas máis de 95 publicacións científicas, once teses de doutoramento e máis de 50 presentacións en congresos. A UMI foi “un sementeiro de talento”, salientou, engadindo que “froito da investigación da UMI xurdiron proxectos como o Buque sen cables ou o Xemelgo Dixital que, co seu desenvolvemento, constitúen un fito na construción naval militar mundial”.
Rafael Morgade, pola súa banda, apuntou que o CEMI contribuirá á competitividade e eficiencia dun estaleiro que está en plena transformación. “Temos en Ferrol coa CEMI unha oportunidade única”, engadiu.
Nesta mesma liña foi a intervención de Eduardo Dobarro, quen afirmou que “esta é unha historia de éxito de seis anos e o labor de continuidade da CEMI é clave para a innovación do estaleiro”, e manifestou o seu desexo de que nesta nova etapa se implique a outras entidades como a industria auxiliar e a Armada. Dobarro manifestou o seu optimismo co futuro da construción naval de Ferrol ao declarar rotundo que “vén unha década dourada para Ferrol”.
O reitor destacou que a CEMI é unha continuación lóxica do traballo realizado por Navantia, UDC e GAIN nos últimos anos cuns resultados que superaron as expectativas o que animou a Abalde a pedir á Xunta máis financiamento para investigación porque, á vista dos logros obtidos, vese que “non é un gasto senón un investimento”.
O conselleiro recoñeceu o traballo desenvolvido nestes últimos seis anos felicitando a Navantia e á UDC. O vicepresidente primeiro explicou que a UMI primeiro e agora o CEMI xeran un ecosistema científico e tecnolóxico desde o punto de vista académico e industrial. “Os ecosistemas teñen sentido cando hai talento e a CEMI é unha aposta polo talento”, concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?