Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra o uso da Internet entre os galegos de maior idade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra o uso da Internet entre os galegos de maior idade

Redacción
Publicado: 29/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

senior_muller_tableta_usuaria_dispositivo_maior.jpgA totalidade dos galegos de 16 a 34 anos empregan a Internet e superan a media estatal no uso habitual da Rede e nas compras en liña. O incremento máis significativo no último ano rexistrouse no colectivo de persoas con máis dificultades de acceso a tecnoloxía. Os usuarios da Internet de entre 65 aos 74 anos acadaron o 70,5% en Galicia, tras subir nos últimos 12 meses un 8,5%, o dobre que a media estatal (+4,2%).
O 98,3 % dos nenos e nenas galegos de 10 a 15 anos empregan o ordenador e sitúase á cabeza no uso deste equipamento TIC no ranking por comunidades autónomas, 5,2 puntos por riba da media estatal. O 95,6% destes nenos e nenas usaron a Internet nos últimos 3 meses, tamén por riba da media estatal. Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2022, que constata os bos resultados dos indicadores de uso das TIC entre os máis novos.
Son datos da Enquisa e uso TIC nos fogares 2022 do INE, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da AMTEGA.

Contidos
  • Uso das TIC: comercio electrónico, e-saúde e banca dixital
  • Interacción coas Administracións Públicas a través da Internet
  • A Internet das Cousas

Uso das TIC: comercio electrónico, e-saúde e banca dixital

compras_online-4.jpgEn canto ás as compras a través da Rede, un 50,5 % da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses pero no tramo de idade dos 16 aos 34 anos supérase á media do estado en máis de 5 puntos porcentuais xa que o 68,8% de galegos e galegas de 16 a 24 mercaron por internet nos últimos tres meses, e o 78,3% dos 25 aos 34 anos.
As actividades máis realizadas nos tres últimos meses están relacionadas coa comunicación, realizadas polo 90,8% da poboación galega de 16 a 74 años; recibir ou enviar correos electrónicos (77,5%) ou ler noticias, xornais ou revistas de actualidade online (76,0%).
Respecto á saúde, cabe destacar a elevada porcentaxe de uso de servizos online como concertar unha cita cun médico a través dunha páxina web ou dunha aplicación de móbil, que acada unha porcentaxe de 55,3%, ocupando a sétima posición no ranking por comunidades autónomas Galicia ocupa esa mesma posición no Acceso a arquivos persoais de saúde (38,7 %)
Cabe salientar especialmente que o 71,9% dos galegos e galegas utilizan a banca por Internet (incluída a banca móbil), superando a media estatal (69,6%) en 2,3 puntos e ocupando novamente a sétima posición no ranking por comunidades autónomas.

Interacción coas Administracións Públicas a través da Internet

O 83,8% dos internautas de 16 a 74 empregaron algunha páxina web ou aplicación móbil das Administracións Públicas nos 12 últimos meses por motivos particulares. Isto supón un incremento de 18,5 puntos respecto a 2021, fronte ao 15,5% da media estatal.
Entre os trámites máis frecuentes, o 68,9% descargou algún formulario oficial, superando a media estatal (67%). Un 24,5% accedeu a información de bases de datos ou rexistros públicos (rex. catastrais, de empresas…), sendo a terceira comunidade autónoma que máis xestiona por Internet estas consultas.

A Internet das Cousas

O Amazon Echo quere converterse nun elemento do fogar que tanto poida ambientar musicalmente como facilitar información de interese ou alertarnos das nosas tarefas
O Amazon Echo quere converterse nun elemento do fogar que tanto poida ambientar musicalmente como facilitar información de interese ou alertarnos das nosas tarefas
No que se refire á Internet das Cousas, do total de internautas galegos de 16 a 74 anos, o 33,7% utilizaron dispositivos ou servizos de domótica no fogar. En concreto, o 21% empregou asistentes virtuais en forma de altofalante intelixente ou de aplicación (como Alexa, Google Home, Siri, Cortana,…); o 15,2% electrodomésticos conectados, o 11,2% sistemas para a administración de enerxía para o fogar (luces, enchufes, termóstatos,…) e o 6,7% sistemas de alarma/seguridade do fogar (fechaduras, cámaras, detectores de fumes,…).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?