Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Demo Days TFE da ESEI de Ourense xunta esta semana emprendedores e investidores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Demo Days TFE da ESEI de Ourense xunta esta semana emprendedores e investidores

S. P.
Publicado: 29/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_esei_ocb36-4d126.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acolle esta semana (martes e mércores pola tarde, os días 29 e 30 de novembro), os Demo Days TFE, unha iniciativa encadrada dentro das actividades do proxecto transfronteirizo NOVA TFE (Novas Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías Facilitadoras). O obxectivo desta actividade, aberta ás persoas interesadas, é “establecer sinerxías e contacto entre persoas emprendedoras e posibles investidores para impulsar ou relanzar proxectos empresariais”, explican os responsables do proxecto. Engadindo que estamos ante “un evento co cal impulsar ou acelerar un proxecto empresarial”.
uvigo_esei_demoday.jpgNa xuntanza, as e os emprendedores levan a cabo unha presentación das súas propostas e iniciativas ou dos avances do seus proxectos ante un público de interese para eles en diferentes ámbitos. Así, nos dous días de programación van participar empresas de distintos ámbitos como a aeronáutica, arqueoloxía ou impresións 3D, para expor a súa experiencia e as súas propostas ante aqueles interesados nas mesmas, como poden ser posibles investidores, socios estratéxicos ou clientes, así como estudantes ou público en xeral.
Participarán empresas como Enercraft (empresa galega galardoada en 2021 como o mellor proxecto emprendedor durante os VIII Premios Galicia de Enerxía); Rediot (proxecto que ofrece solucións tecnolóxicas a medida relacionadas cos ámbitos das Cidades Intelixentes e a Internet das Cousas); Xesta Brava (iniciativa de propostas divulgativas innovadoras dirixidas á comunidade educativa e á sociedade); Bágoas Fóra (espazo virtual onde se une o tradicional da artesanía coa innovación educativa); F&H Asociados (empresa de arqueoloxía, consultaría e impacto ambiental) e MASQUE3D (empresa que traballa na divulgación da fabricación aditiva e impresión 3D).
NOVA TFE é un proxecto de cooperación transfronteiriza do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 que conta con financiamento FEDER, fondos europeos de desenvolvemento rexional. Nel participa un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo formado por investigadoras e investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática, das facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo e da Escola de Enxeñaría Industrial. Ademais da institución académica, son socios do proxecto a Mancomunidade de O Salnés (líder da iniciativa), a Deputación de Ourense, a Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e a Câmara Municipal de Valença (Portugal). O obxectivo principal deste proxecto é potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, mellorando a participación do tecido empresarial nos procesos de innovación nas actividades de I+D+I máis achegadas ao mercado. A iniciativa quere facilitar que a investigación aplicada relacionada coa Internet das Cousas (especialmente Cidades Intelixentes) e a fabricación avanzada sexan trasladadas ás pequenas e medianas empresas (menos urbanas) dos sectores máis relevantes do espazo transfronteirizo, involucrando directamente ao seu persoal en redes de intercambio e nos laboratorios de experimentación e prototipado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?