Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O vehículo intelixente creado por Vodafone para Smartiago inicia o trazado do centro histórico compostelán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O vehículo intelixente creado por Vodafone para Smartiago inicia o trazado do centro histórico compostelán

S. P.
Publicado: 30/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

trazado_vehiculo_smartiago_1.jpgSmartiago, o proxecto de Cidade Intelixente do Concello compostelán, deu estes días un paso moi relevante na súa vertente máis centrada no transporte e na mobilidade smart, da man do Goberno local e da empresa Vodafone. En concreto, o vehículo autónomo, modular e intelixente deseñado pola operadora de telecomunicacións iniciou este martes 29 de novembro o trazado do centro histórico de Santiago.
Fíxoo tras finalizar as súas actividades en aberto hai dúas semanas e empregando un dos vehículos deseñados para Smartiago. O automóbil percorreu a praza de Praterías e rúas contiguas, de 05:00 a 07:00 horas, e a praza da Quintana de 07:00 a 10:30 horas. Estes horarios estipuláronse para non entorpecer o tráfico rodado e de viandantes, explicou o Concello, engadindo que os datos obtidos deste trazado servirán como base para os proxectos que se poñan en marcha no Living Lab de Vodafone que se iniciará o próximo ano. Neste laboratorio en vivo empresas e emprendedores poderán colaborar na mellora dos dous vehículos deseñados pola compañía de telecomunicacións xunto coa empresa privada Phebus e a Universidade de Deusto.
trazado_vehiculo_smartiago_3.jpgDurante o percorrido por parte da zona vella da capital galega recolleuse información sobre as áreas polas que pasa o transporte de mercadorías e tamén sobre o subsolo da zona monumental. Estes datos permitirán ao Concello de Santiago dispoñer, por exemplo, dun mapa case exacto da rede de auga para, no caso de que se produza unha avaría, saber onde actuar sen danar o patrimonio.
O Living Lab de Vodafone está enmarcado no proxecto de desenvolvemento de vehículos eléctricos autónomos modulares da iniciativa Smartiago, un conxunto de solucións innovadoras postas en marcha polo Concello de Santiago co obxectivo de “mellorar os servizos públicos a través da implicación de compañías con gran capacidade tecnolóxica, universidades e empresas locais en liña cos obxectivos dos fondos FEDER 2014-2020”.
trazado_vehiculo_smartiago_2.jpg O obxectivo principal do Concello é “promover unha mobilidade intelixente e sustentable que mellore a calidade de vida da cidadanía e que, ademais, poida adaptarse a outras Cidades Patrimonio de España”.
Vodafone, dentro da iniciativa Smartiago, desenvolveu dous vehículos intelixentes para mellorar a loxística de última milla: aquela relativa á xestión do transporte de paquetería centrada no último traxecto que debe realizarse na entrega final.
Para iso, ambos automóbiles dispoñen de sensores LiDAR e cámara para recoñecer o que sucede ao seu arredor, así como un sistema de comunicacións que permite a súa monitoraxe e a comunicación con outras infraestruturas da cidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?