Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Comité de Sabias de Feminismos 4.0 redobrará esforzos contra a misoxinia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Comité de Sabias de Feminismos 4.0 redobrará esforzos contra a misoxinia dixital

S. P.
Publicado: 01/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_comite_catedra_feminismos_4.0_deputacion_pontevedra_sabias1.jpgAs integrantes do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, reuníronse este xoves 1 de decembro para facer balance do traballo realizado ao longo do 2022 e tamén para perfilar novas estratexias de cara a 2023. Creada en 2021, esta comisión está composta por 15 sabias, todas elas mulleres referentes nos seus eidos profesionais, dende enxeñeiras de Telecomunicación, Mecánica ou Informática ata expertas en Física e Intelixencia Artificial ou filósofas, matemáticas ou filólogas.
A directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez, foi a encargada de abrir o acto e, tras saudar ás asistentes, agradeceulles o seu “valioso labor” que se centra en dous obxectivos fundamentais: por unha banda, identificar os retos da sociedade dixital para que as mulleres accedan a ela en condicións dignas e igualitarias e, por outra, definir as accións que deben impulsarse para conseguir a igualdade real e efectiva de mulleres e homes no universo dixital.
Xunto con ela, participou no acto a profesora da UVigo e deputada de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial, Ana Mejías, que trasladou o apoio incondicional da Deputación de Pontevedra.
Nesta xuntanza, as sabias avaliaron o traballo desenvolvido durante este ano ao abeiro da cátedra, como o IV Workshop Hackeando o Patriarcado, os proxectos de investigación, os Premios GirlGeekCovid, o Observatorio Stop Machitroles ou a presentación dos vídeos sobre a representatividade e re-presentación das mulleres no audiovisual galego, etc. Tamén avanzaron os detalles de proxectos vindeiros, como a creación dunha revista científica vinculada á Cátedra de Feminismos, que levará por nome Gender on Digital. Journal of Digital Feminism e terá periodicidade anual. Con esta publicación preténdese “construír un espazo de reflexión científica crítica arredor das transformacións da sociedade en relación coa irrupción das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e da dixitalización de todas as esferas da vida”.
Tamén se acordou dar continuidade ao debate sobre a creación de contidos feministas nas redes iniciado este ano. O obxectivo, sinalaron, “é coñecer máis sobre a feminisfera en construción a través de mulleres creadoras de contido (streamers, youtubers, influencers, gamers, artistas dixitais, etc.) para así identificar, reivindicar, tecer redes e reflexionar sobre a misoxinia dixital moi presente nas chamadas Big Tech”.
Arredor desta proposta, engadiron, tratarase de “xerar unha rede de creadoras e de organizar algún encontro ou mesa redonda e mesmo publicar os traballos que realizan nas redes sociais, xa que os medios tradicionais son unha forma eficaz de chegar ao público afastado das social media que tamén debe ser partícipe, como o público non adolescente ou todas as persoas afectadas pola fenda dixital”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?