Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As comunidades dixitais da cidade do Lérez teñen un novo espazo de participación: Pontevedra gHUB
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As comunidades dixitais da cidade do Lérez teñen un novo espazo de participación: Pontevedra gHUB

S. P.
Publicado: 02/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ghub_pontevedra_presentacion.jpgO edil de Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña, presentou esta semana o novo proxecto impulsado desde o Concello e que leva por nome Pontevedra gHUB. Trátase, dixo, dun punto de encontro para as comunidades dixitais que existen na cidade, ou que parten da mesma.
“É un proxecto no que levamos traballando desde hai máis dun ano e que agora ve a luz ou, polo menos, conta xa cunha parte visible coa que se pode interactuar”, explicou, engadindo que previamente houbo durante meses un exhaustivo proceso de escoita para identificar todos os axentes, ou a maior parte deles, que operan en Pontevedra no ámbito dixital “e nas súas múltiples capas”. Respecto do nome da iniciativa Oubiña fixo referencia ao significado orixinal da palabra “hub”, e esa ampliación semántica e retranqueira ao engadirlle o “g” diante, introducindo o noso factor “gheada”.
Ao abeiro do proceso de desenvolvemento do Pontevedra gHUB achouse xente do mundo dos videoxogos, como a asociación Gaming Troop ou a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) que conta con representantes en Pontevedra; artistas especializados no dixital, xente desde ESDEMGA no eido da moda, o deseño web e mesmo influencers, creadoras de contido relacionado coa cidade ou coas súas vidas. “Todas estas persoas forman a chamada comunidade dixital pontevedresa que foi atopada nesta busca activa desde o Concello”, sinalou o edil, aclararon que un dos obxectivos foi “avanzar e afondar en dúas capas diferentes, dunha banda a capa dixital, en base a unha web que estamos a crear e que está en proceso de medrar; doutra banda, hai unha capa física na que as persoas poderán atoparse, coñecerse e estreitar posibles lazos a través dunha serie de encontros e un diálogo activo”.
Oubiña tamén informou que un dos retos de gHUB Pontevedra é a creación dun catálogo público, conectado a través da web, no que as persoas da comunidade dixital poderán coñecerse e expoñerse, tanto entre elas como ao público.
Afondando na capa presencial, na capa física, o programa de encontros xa está en funcionamento. Este 28 de novembro xa foi realizado un encontro informal no Pazo da Cultura que tivo continuidade o este mércores 30 cunha charla da xornalista e directora de Vinte María Yáñez. Ás 17 horas tamén houbo unha sesión práctica.
Este venres 2 de decembro, ás 19 horas, tamén está programada outra cita con Marta Verde, artista visual e creadora dixital pontevedresa, colaboradora na actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest, que ofrecerá a súa experiencia na aplicación da arte dixital en propostas ao vivo. O día 3, ás 10 horas, fará un obradoiro de computer vision in comprocressing. Todas estas xuntanzas serán realizadas na sala VIP do Pazo da Cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?