Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Facendo 4.0 xa mobilizou preto de 400 investigadores e técnicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Facendo 4.0 xa mobilizou preto de 400 investigadores e técnicos

S. P.
Publicado: 02/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20221202_condefacendo1.jpgAs entidades impulsoras do proxecto Facendo 4.0 presentaron en Vigo, este 2 de decembro, algunhas das investigacións desenvolvidas ao abeiro desta iniciativa, na que xa teñen participado 391 técnicos e investigadores (e no marco do cal xeráronse 10 patentes rexistradas e executáronse 117 accións, rematadas ou en proceso de finalización).
O proxecto conta conta cun investimento total de 22,3 millóns de euros, que a Xunta apoia con 12 millóns a través do programa Fábrica Intelixente da Axencia Galega de Innovación (GAIN), centrándose na busca de novas solucións para dous ámbitos relevantes: por unha banda a electrificación, o vehículo autónomo e conectado e a mobilidade compartida; e pola outra a transformación tecnolóxica baseada no dato, na Intelixencia Artificial e todos os avances da dixitalización e a industria intelixente.
Facendo 4.0 vén da man de Stellantis Vigo coa participación de CTAG, Gradiant, Aimen e a Universidade de Vigo.
facendo_4.0_stellantis_20221202_condefacendo2.jpg Na cita deste venres 2 participou (entre outros) o conselleiro de Economía, Francisco Conde,, quen salientou que esta iniciativa “demostra a aposta de Stellantis Vigo polo talento de todo o ecosistema de I+D+i que rodea ao sector da automoción en Galicia e a confianza que ten depositada nel”. Tamén puxo en valor o “efecto tractor” que exerce o sector na Comunidade non só na propia industria, impulsando a dixitalización, a electrificación e a nova mobilidade, senón tamén sobre centros tecnolóxicos e de coñecemento. Conde destacou o esforzo do conxunto do sector para seguir posicionando a Galicia como principal produtora de vehículos en España e á vangarda tecnolóxica.
Coa competitividade no punto de mira
Facendo 4.0 (Competitividade Industrial e Electromobilidade a través da Innovación e a Transformación Dixital) é ou proxecto posto en marcha por Stellantis Vigo, non marco da cuarta convocatoria de axudas do Programa da Fábrica Intelixente da Xunta de Galicia, co obxectivo de contribuír a incrementar a competitividade e reforzar ou tecido empresarial do sector de automoción de Galicia.
Coa participación de CTAG, Gradiant, Aimen e a Universidade de Vigo, Facendo 4.0 apoiouse nun investimento de 22,3 millóns de euros para a investigación de novas solucións tecnolóxicas para a fábrica do futuro, o vehículo do futuro e a conectividade, poñendo a Stellantis Vigo na vangarda das últimas tecnoloxías e da eficiencia enerxética.
No ámbito da fábrica do futuro preténdese xerar novo coñecemento sobre procesos produtivos, flexibles, coa mínima pegada de carbono, para a fabricación de vehículos eléctricos.
De face ao vehículo do futuro estanse a estudar sistemas e interfaces conectadas e intelixentes que permitan o desenvolvemento de innovadores produtos e dispositivos para as futuras gamas de vehículos eléctricos.
En materia de conectividade e infraestrutura IT investígase e avalíanse as tecnoloxías asociadas á conectividade, a Internet das Cousas (IoT) e a nube para mellorar as prestacións (dispoñibilidade, seguridade, automatización, axilidade) e a competitividade da infraestrutura IT que dá servizo aos procesos e produtos.
Ten un período de execución de 31 meses e conclúe en 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?