Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O puxante tecido innovador galego darase cita o 16 de decembro en Innovames
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O puxante tecido innovador galego darase cita o 16 de decembro en Innovames

S. P.
Publicado: 02/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartel_horizontal_innovames1.jpgO Concello de Ames e Maker Faire Galicia organizan unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no Pavillón Polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no concello. O obxectivo deste evento, salientaron as entidades organizadoras, é “poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames”.
Programa do evento
Charlas e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais conforman o groso dunha programación que na súa sesión matinal estará dirixida non só ao sector profesional, se non tamén aos centros escolares de Ames coa finalidade de proporcionar referentes profesionais e laborais, así como fomentar a inquedanza pola innovación nas novas xeracións.
Deste xeito, o alumnado dos centros de ensino e representantes de empresas poderán escoitar a Carlota Corzo, unha das 30 mozas e mozos con menos de 30 anos da lista Forbes, co-fundadora de Lázaro, unha empresa que axuda a organizacións sen ánimo de lucro a crear plataformas web fiables, permitindo traccionar as súas operacións mediante tecnoloxías Blockchain.
Nesta xornada contarase ademais cun programa centrado na presenza de diferentes representantes das empresas asentadas en Ames e na súa contorna, como Airvision, Tecalis, Escenoset, Mirabelle Comunicación, Verial, Nanogap, Sistemius Abogados, FlowReserve, Grupo Altia, Carto Galicia, Ficción Producciones, Minervas Voice (Zenit), Conic Vascular, Alfonsin Digital Lab ou We Robot, entre outras firmas, que ofrecerán a súa visión particular do estado da innovación dentro dos seus diferentes sectores. Tamén se contará con representantes das tres universidades galegas.
En concreto, a empresa Airvisión mostrara os seus drons; Minervas Voice dará voz ás mulleres que, coa súa obra, contribuíron e contribúen de forma decisiva na evolución da humanidade e ao empoderamento feminino; e Alfonsin Digital Lab presentará as singularidades da posprodución máis innovadora, traballando man a man cas plataformas audiovisuais do momento.
Premios InnovAmes
Este ano como novidade o Concello de Ames convoca a primeira edición do Premio Innovames para empresas innovadoras co obxectivo de “recoñecer, apoiar e dar visibilidade ás persoas emprendedoras e empresas máis innovadoras e con maior potencial de crecemento en Ames; proxectos con carácter e innovador e de gran impacto social, tanto de recente creación como xa consolidadas”. Premiarase a innovación, o impacto social e o alto potencial de crecemento.
Ademais, convócase o I Premio InnovAmes para proxectos educativos.
Espazo de exposición
Tamén haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man estes proxectos e outros exemplos innovadores nos que traballan as empresas do concello de Ames, así como os proxectos presentados polos centros educativos. Así mesmo, durante a mañá os escolares poderán asistir a diversos obradoiros, previa inscrición.
O evento completarase cunha sesión de tarde, dirixida ás empresas e ao público interesado, na que se poderá escoitar a Alfonsín Digital Lab, unha das poucas empresa de postprodución cinematográfica en España que traballa con coñecidas plataformas audiovisuais. Coñeceranse os proxectos presentados polas empresas amesás e farase entrega dos premios aos/ás gañadores/as. O público poderá asistir a diversos obradoiros durante a tarde e como punto final da xornada gozarase dun espectáculo e poderanse degustar uns petiscos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?