
Segundo explica o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, impulsor da iniciativa, esta abéirase ao Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 4, que aspira a garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos. Os Esenciais permitiron dende 2019 “mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico na universidade, así como transmitir información veraz e crear materias válidos para o Ensino Secundario e para o eido profesional como pode ser o SERGAS”, informan, engadindo que os capítulos da colección “conforman un resumo executivo do curso con información veraz e contrastada fronte a fontes dixitais non verificadas”.
Deste xeito, os corenta títulos que poden ser lidos en liña ou descargados en formato PDF constitúen recursos condensados do saber que conteñen o esencial dunha materia. A colección arrincou en 2019 cunha proposta piloto ao que paulatinamente foron sumándose títulos ata chegar ata ese medio cento que agora pasa a estar dispoñible en aberto.
Os recursos formativos en galego de Esenciais USC, dispoñibles en liña
Compartir Este Artigo

