Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno destina 13,4 millóns de euros a levar banda larga ás zonas brancas da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno destina 13,4 millóns de euros a levar banda larga ás zonas brancas da Coruña

S. P.
Publicado: 12/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

maria_rivas_plan_unico_enrique_cancio_xuntanza.jpgA subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, fixo balance este luns 12 do desenvolvemento do Programa Único – Banda Larga na provincia. Achegou os datos no marco dunha xuntanza co xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións da Coruña do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Enrique Fernández Cancio. Rivas valorou que na segunda convocatoria do plan, resolta este outono, a provincia benefíciase dun investimento de 13,4 millóns de euros para levar a conexión a Internet de alta velocidade a 36.556 fogares e empresas das chamadas zonas brancas, que son aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos vindeiros tres anos.
“A conectividade é un elemento básico para garantir a supervivencia dos pequenos concellos; é unha arma contra o despoboamento”, destacou María Rivas.
Durante o encontro, o responsable provincial de Telecomunicacións e a delegada abordaron a execución do plan e a necesaria cooperación entre as distintas administracións implicadas. A subdelegada lembrou que o Plan Único diríxese a alcanzar “unha taxa de cobertura de moi altas capacidades do 100% da poboación en 2025”. Segundo engadiu, esta segunda convocatoria triplica o nivel investidor da primeira, resolta en 2021, na que corresponderon á provincia 4,7 millóns de euros cunha achega de 3,5 millóns por parte do Ministerio e para levar a fibra ultras rápida a 15.923 familias e empresas. Tamén fixo saber que España está á cabeza de Europa en conectividade, cunha cobertura de banda larga a 30 Mbps do 96% do territorio -o 91% nas zonas rurais- e do 88,3% a velocidade de 100 Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?