Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Proa (Ames) acollerá un laboratorio de proxectos innovadores audiovisuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Proa (Ames) acollerá un laboratorio de proxectos innovadores audiovisuais

S. P.
Publicado: 13/12/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

concello_ames_deputacion_audiovisual_sinatura_convenio2.jpgO alcalde de Ames, Blas García, e mailo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron este luns 12 de decembro un convenio de colaboración para impulsar o puxante sector audiovisual do concello. En concreto, crearán o Ames AudioVisual LAB, un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais que busca fortalecer a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o tecido audiovisual do concello. A Deputación achegará a este proxecto 160.000 euros, o 80% do orzamento total, mentres que o Concello aportará, o 20% restante. En total, 200.000 euros. O lab terá a súa sede no centro de traballo colaborativo A Proa.
O programa propón “unha oferta eminentemente práctica” e conta coa colaboración de empresas como Ficción Producións, Cinemar Films, Zenit Tv, Setemedia, Alfonsín DIgital Lab ou a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Segundo salientaron García e González, ponse en marcha “cunha visión internacional en distintos ámbitos, desde a definición de estratexias de distribución e internacionalización adaptadas aos proxectos, ao establecemento dunha rede de contactos e colaboración con festivais, foros internacionais e organismos que contribúan a impulsar a súa produción”.
O laboratorio de proxectos beneficiarase de experiencias previas e complementarias. Así o explicou o rexedor: “Imos niciar un traxecto moi importante de aposta polo audiovisual e pola formación de persoas neste ámbito, somos un concello que aposta polo audiovisual e que ten importantes empresas do sector afincadas no municipio, no Parque Empresarial do Milladoiro, onde ademais temos o coworking A Proa, financiado e impulsado pola Deputación da Coruña, que está enfocado ao audiovisual e ao sector tecnolóxico e que nos vai a servir para, conxuntamente coas empresas tanto do concello como de fóra, achegarlle a información que necesitarán os proxectos”.
O presidente da Deputación explicou que o Ames AV LAB parte “dunha aposta moi forte por parte do Concello para dar soporte, apoio e acompañamento aos proxectos audiovisuais, desde que nacen ata que se expanden, a través de sistemas de formación, de bolsas ou de promoción nacional e internacional” e lembrou a importancia do sector audiovisual, que crea en Galicia “máis de 4.000 postos de traballo e aglutina a máis de 700 empresas”, o 75% delas na provincia coruñesa.
Formoso tamén salientou que este proxecto “encaixa perfectamente co que impulsamos desde a Deputación da Coruña para crear, cun investimento de 6,7 millóns de euros, un dos maiores estudos virtuais de produción audiovisual de España, que estará localizado na Cidade das TIC, pero que vai dar soporte técnico a ese gran ecosistema de creatividade que radica en Santiago, A Coruña e Ames, principalmente, e que para nós é unha aposta de futuro clara”.
O Ames AV LAB, que estará situado no Milladoiro nas instalacións de A Proa da rede provincial de espazos de traballo colaborativo, dará soporte a un total de 15 proxectos, que serán seleccionados a través dunha convocatoria que se publicará proximamente.
Os criterios de valoración da selección terán en consideración buscar a promoción de proxectos diversos e inclusivos. Do mesmo xeito, priorizarase a incorporación daqueles que teñan o idioma galego como lingua vehicular e estableceranse mecanismos que garantan unha representatividade equilibrada de xénero e para a incorporación de persoas mozas menores de 30 anos ao sector.
Os destinatarios do proxecto son novos creadores do sector con proxectos non iniciados, en fase de creación ou desenvolvemento, que non teñan data de inicio de rodaxe prevista. Poderán participar “curtametraxes, longametraxes, series, documentais de creación ou participativos, narrativas inmersivas e de Realidade Virtual e outros contidos audiovisuais e de carácter dixital fundamentalmente narrativos, primando o alcance local e provincial”.
Ademais, os participantes poderán optar a unha convocatoria de bolsas que conta con 70.000 euros de orzamento, seleccionando sete proxectos que poderán recibir unha axuda de ata 10.000 euros que deberán destinarse á creación e desenvolvemento da súa proposta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?