Autoestima, candorca, comadre, ecocidio, inflación e resiliencia son as voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2022 tras unha recollida de suxestións desta iniciativa promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. O vocábulos conectan dun xeito ou doutro con temas de actualidade e preocupación social dos últimos doce meses e ata o remate do vindeiro 25 de decembro o público poderá votar pola súa opción favorita a través do Portal das Palabras, o proxecto que impulsan as dúas institucións para a difusión do léxico galego.
As propostas que quedaron finalistas nesta edición responden a numerosos intereses, de xeito que vemos como a palabra autoestima pode referirse á nosa reivindicación como pobo, o ecocidio quere denunciar o exterminio deliberado do ecosistema, a inflación é un bo sinal da conxuntura económica, a resiliencia é unha palabra que xa resultara finalista o ano pasado, os frecuentes avistamentos de cardorcas tamén levou a querer destacar aos cetáceos que tanto visitan as nosas costas e, como curiosidade, xorde a palabra comadre para reivindicar que se incorpore ao dicionario unha nova acepción a esta palabra, xa que en moitas ocasións se emprega para indicar unha relación de apoio entre mulleres (e non unha relación de parentesco).
Xa temos finalistas para a Palabra do Ano 2022
Compartir Este Artigo
