Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta pon en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta pon en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais

Redacción
Publicado: 14/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion_comdix.jpgMáis dun cento de formadores na EGAP e da Rede CeMIT participaron hoxe na xornada inaugural do Marco Galego de Competencias Dixitais celebrada no Edificio Fontán na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e retransmitida en streaming para facilitar a participación de todas as persoas interesadas.
Con este acto, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no que tamén participou a Escola Galega de Administración Pública, deuse comezo á formación en ComDix dos Axentes TIC da Rede CeMIT e dos titores e titoras da EGAP, docentes que serán os encargados de formar nas competencias dixitais e na certificación asociada tanto á cidadanía coma ao persoal empregado público.
Durante a xornada déronse a coñecer todos os detalles do novo Marco Galego de Competencias Dixitais, así como o papel que terá a Rede CeMIT e a EGAP coma entidades colaboradoras do novo Marco.
Para finalizar o acto, e antes do café networking dispoñible para todas as persoas asistentes, deuse paso a unha rolda de preguntas que permitiu aclarar as dúbidas formuladas sobre a posta en marcha do Marco galego de competencias dixitais.
Tras esta sesión, o persoal docente da Rede CeMIT e da EGAP poderá participar no curso online de autoformación ComDix Iniciación – Formación para o persoal formador no Marco Galego de Competencias dixitais e durante a segunda quincena de febreiro está prevista a realización do exame final presencial.

O Marco galego en liña co Marco europeo

O Marco Galego de Competencias Dixitais establece os coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para desenvolverse no mundo dixital, tanto en ámbitos persoais, profesionais, educativos e de cidadanía. Está baseado no modelo DigComp, definido pola Unión Europea, adaptado á realidade e necesidades de Galicia.
Parte fundamental deste Marco é a Certificación Galega de Competencias Dixitais, co obxectivo de servir como sistema de acreditación da competencia dixital da cidadanía galega. Estruturarase en diferentes niveis de aptitude, do máis básico o máis avanzado, e permitirá reflexar o grado de coñecemento e habilidade dunha persoa respecto ao mundo dixital.
Esta iniciativa enmárcase dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, que busca aumentar a calidade de vida e o apoderamento da cidadanía a través do uso das tecnoloxías dixitais.
A AMTEGA, como organismo impulsor do Marco galego de competencias dixitais, tamén participará no Estudo de Viabilidade dunha Certificación Europea de Habilidades Dixitais (EDSC) impulsado pola Comisión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?