Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R renova a súa colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R renova a súa colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia

Redacción
Publicado: 14/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

convenio-r_circulo-empresarios-galicia-2.jpgManuel Rodríguez, presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, e Alfredo Ramos, director de R, renovaron esta mañá, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, o acordo que revalida a R como patrocinador da entidade ata xuño do ano que vén. Esta colaboración dálle percorrido a unha alianza mantida dende hai anos co propósito de abordar proxectos e accións que sempre teñen implicado valor para o tecido empresarial galego.
Manuel Rodríguez, presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, destacou que “o acordo que hoxe renovamos con R é estratéxico para a nosa entidade porque reafirma a nosa aposta pola formación nun escenario dixital cun socio tecnolóxico galego, que á vez exerce como asesor dixital dos nosos asociados”.

Contidos
  • Acento na ciberseguridade
  • Asesorando sobre o programa Kit Dixital

Acento na ciberseguridade

Pola relevancia cada vez maior da seguridade en contornas dixitais, R participa tamén na 4ª edición do Foro de Ciberseguridade do Círculo. No encontro analizarase con detalle o contexto en que se moven as empresas na actualidade, os riscos que corren na rede e a necesaria concienciación e cambios que debe experimentar a organización dunha maneira transversal para enfrontarse e protexerse nesta nova conxuntura.

Asesorando sobre o programa Kit Dixital

Ademais, o Círculo e R continúan sendo socios tecnolóxicos: o operador galego poderá exercer como asesor dixital dos asociados da entidade para apoialos na xestión e optimización das axudas europeas do programa Kit Dixital. Para iso, ao longo de 3 sesións informativas R explicou con detalle a todos os socios en que consiste e como solicitalas.
Tendo en conta as inxentes oportunidades e vantaxes que ofrece a contorna dixital, este exercicio a colaboración entre o Círculo e R traducirase en encontros presenciais, mais tamén en actividades virtuais e eventos híbridos que combinarán a interacción en ambos os dous formatos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?