Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avanza a misión BIXO, destinada a avaliar os efectos dos microorganismos no medio espacial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avanza a misión BIXO, destinada a avaliar os efectos dos microorganismos no medio espacial

S. P.
Publicado: 15/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_bixo_review1.jpgGarantir que a misión espacial BIXO (Bacteriological Intercommunication eXperiment in Orbit), impulsada pola asociación de estudantes UVigo SpaceLab, cumpre con todos os requisitos no desenvolvemento de proxectos espaciais europeos con vistas á acelerar a fabricación final de modelos foi o obxectivo dunha xuntanza celebrada no Campus de Vigo. Nela participaron especialistas de moi distintos ámbitos, tanto de empresas como de grupos de investigación. Desenvolveuse este mércores 14 na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Os líderes do proxecto, encabezados por Manuel Diz Folgar, expuxeron todo o traballo realizado ata a data ao abeiro desta misión. Segundo lembraron, o principal obxectivo de BIXO é analizar os efectos reais da exposición prolongada dos microorganismos ao medio espacial.
Déronlles a benvida a vicerreitora de Comunicación e Relacións Instucionais, Mónica Valderrama; a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, e o director do centro de investigación AtlantTIC, Martín Llamas.
Na revisión do proxecto (Preliminary Requirements Review, PRR) participaron empresas de distintos sectores, entre elas tres das firmas que patrocinan a misión: DHV Technology, dedicada ao deseño e fabricación de paneis para aplicacións aeroespaciais; UARX Space, provedora de solucións de lanzamento, e a spin-off da Universidade de Vigo Alén Space, especialista no desenvolvemento de hardware e software para pequenos satélites.
Desde o ámbito universitario participaron responsables de distintos grupos de investigación, tanto de AtlantTIC como do CINBIO, cubrindo a forte vertente biotecnolóxica da iniciativa. A dirección do equipo, composto na actualidade por preto de 40 estudantes de diferentes graos, presentou os deseños preliminares de todos os subsistemas do satélite, desde onde se asenta o sistema básico en termos de software, mecánica, distribución de enerxía, xestión térmica e deseños electrónicos ata carga computacional e ferramentas de desenvolvemento, entre outros detalles. Analizaron tamén as simulacións e prototipos deseñados e fabricados ata o de agora, entre eles a antena de banda S, as tarxetas microfluídicas ou a estrutura 2U, xunto cos budgets, tanto de datos xerados como de consumos enerxéticos dos diferentes subsistemas do satélite. A maiores, presentaron tamén estimacións preliminares de peso, consumo de enerxía e volume.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?