Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Teimas alerta do baixo nivel de dixitalización das empresas produtoras de residuos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Teimas alerta do baixo nivel de dixitalización das empresas produtoras de residuos

S. P.
Publicado: 15/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teimas_dixitalizacion.jpgA empresa galega Teimas publicou un informe no que pon de manifesto unha realidade preocupante: o baixo nivel de dixitalización no sector da xestión de residuos en España. A firma compostelá sinala, nun plan máis concreto, que o 84% das grandes empresas produtoras de residuos non dispón dunha solución dixital para a súa xestión. Estes procesos seguen a ser materia pendente no ámbito estatal.
No informe faise saber, de xeito inverso que só o 16,2% das grandes empresas produtoras de residuos contan cunha solución dixital para o tratamento dos mesmos. Destas, un 92,3% afirman dispoñer dunha solución de software comercial específica, mentres que o 7,7% restante optou por un software de xestión propio.
Estes datos están recollidos nun estudo realizado pola empresa de software Teimas, tomando como referencia unha mostra de 265 corporacións.
As razóns que expoñen as grandes empresas produtoras de residuos analizadas para non dixitalizar aínda a súa información de residuos “son diversas”, explica Teimas, que sinala que un 18% afirman que “resolven esta tarefa a través doutras solucións non específicas, como follas de Excel”, mentres que un 5,5% indican externalizar a xestión e outro 4,5% apunta cara á falta de orzamento “para afrontar proxectos destas características”.
Finalmente, o 72% restante das corporacións que non dixitalizan o tratamento dos seus refugallos manifestan que “non é o momento”. Baixo esta afirmación englóbanse aspectos como “a falta de recursos económicos causada pola crise dos semicondutores”, “a priorización doutros proxectos máis urxentes”, ou “a falta de interese por solucións tecnolóxicas especializadas en dixitalización de residuos fronte a outras solucións máis transversais”.
Tendo en conta a súa actividade, as corporacións con maior grao de dixitalización dos seus residuos concéntranse nos sectores de telecomunicacións (66,7%), subministración de enerxía eléctrica (50%) e industrial (35,29%).
Por outra banda, destaca a baixa porcentaxe de dixitalización das grandes corporacións petroquímicas (gasolina e gas). Das 48 enquisadas, só o 29% están a tratar dixitalmente os residuos que producen. Menor porcentaxe aínda se observa nos sectores de alimentación e bebidas (13,3%), loxística, transporte e almacenamento (12,5%) ou construción (10,53%).
Adicionalmente, se se toma como referencia a facturación destas grandes corporacións, a tendencia é “inequívoca”, sinala Teimas, que engade que a maior volume de facturación, maior grao de dixitalización de xestión de residuos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?