Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra ALDABA-WIB desenvolve o Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra ALDABA-WIB desenvolve o Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC

Redacción
Publicado: 16/12/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

catedra_aldaba_3.jpgA Reitoría acolleu esta mañá a presentación do Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC desenvolvida pola Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) das universidades da Coruña e Vigo, nun acto presidido polos reitores Julio Abalde, UDC, e Manuel Reigosa, UVigo; xunto o socio-director de ALDABA, Enrique Fernández; as codirectoras da Cátedra, Virginia Mato, pola UDC, e Alma Mª Gómez, pola UVigo; a directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez; e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López.
O Barómetro ten como obxectivo ofrecer un coñecemento exhaustivo e actualizado do que está ocorrendo coa presenza das mulleres nas titulacións da área TIC, pois irá actualizándose periodicamente. Segundo puxo de manifesto Virginia Mato, codirectora da Cátedra pola UDC, hai unha caída “dramática” na presenza de mulleres do bacharelato, cun 54% de alumnas para as xeracións nacidas do 2000 ao 2004, ás titulacións do sector TIC na universidade, co 12% nese mesmo tramo de idade. O Barómetro ofrece información distribuída en Accesos, mulleres que inician os seus estudos universitarios; Resultados, comparativa de resultados académicos entre mulleres e homes; Indicadores e evolución, con indicadores significativos e evolución da presenza feminina nas carreiras TIC; e Análise por xeración, coa evolución da porcentaxe de mulleres dunha xeración ao longo da súa traxectoria académica ata o bacharelato e a súa comparación cos graos de enxeñaría TIC. Neste sentido, Alma Gómez apuntou que as alumnas universitarias de titulacións TIC teñen uns resultados académicos “lixeiramente” mellores que os dos seus compañeiros de clase. “Isto desmitifica o que se di de que as mulleres non temos capacidades tecnolóxicas”, declarou a codirectora da Cátedra pola UVigo.
catedra_aldaba_1.jpgA segregación horizontal é un tema “preocupante” nas universidades, recoñeceu a directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, e desde as Unidades de Igualdade universitarias trabállase nese sentido con diversas actuacións como o selo Distintivo de Igualdade que promove a universidade viguesa para recoñecer aquelas prácticas que integran e fomentan a perspectiva de xénero. A vicerreitora de Igualdade da UDC, Cristina López, abundou nas iniciativas coruñesas para promover a igualdade de xénero e asegurou que na UDC “apostamos por traballar cos homes pois é moi importante sensibilizar para comprometelos”. Cristina López fixo unha reflexión, ao fío destas datas de Nadal, sobre o tipo de regalos que reciben os nenos e as nenas, animando a “cambiar os relatos”.
A Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) está financiada pola empresa galega ALDABA, con 150.000 euros en sete anos motivada por un lado, segundo explicou o socio-director de ALDABA, Enrique Fernández, como unha iniciativa de responsabilidade social para devolver á sociedade parte do que lle aporta á empresa, e, polo outro, “porque necesitamos da riqueza intelectual que aporta a diversidade de xénero para facer o noso traballo”. Fernández animou ás nenas “a que dean o paso á enxeñaría TIC” porque “nos nosos equipos a día de hoxe nos faltan mulleres”, nunha empresa que conta cunha presenza feminina do 25%.
O reitor da Universidade da Coruña, que abriu o acto de presentación agradeceu a colaboración da empresa ALDABA esta “sensibilidade ante a falta de mulleres no sector TIC” que se traduce nunha falta de talento. Abalde asegurou que “como universidade temos o obxectivo de fomentar a vocación entre as nenas e as mulleres polas titulacións da área TIC”.
O reitor da Universidade de Vigo pechou a presentación gabando o traballo “excelente” da Cátedra, froito da colaboración das dúas universidades e a empresa. “Este barómetro vai fornecer de datos que nos permitan traballar na dirección correcta”, dixo Reigosa, quen afirmou que as universidades da Coruña e Vigo “somos institucións irmás”, defendeu a colaboración interuniversitaria que deu froitos como esta e outras Cátedras en común, e tamén puxo en valor o apoio da universidade viguesa á candidatura da Coruña como sede a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial, AESIA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?