O vindeiro 11 de xaneiro Movistar anuncia que vai revolucionar as súas liñas móbiles con datos ilimitados, ou sexa, que vai mudar as súas tarifas para que, ao superar o límite de datos da súa tarifa (5 GB, 8 GB ou 30 GB) os usuarios poderán seguir gozando da súa conexión á Rede cunha redución de velocidade a 2 Mbps sen custo adicional ata o vindeiro período de facturación, permitindo así unha navegación aceptable dende o móbil pese a ter superada a franquía de datos contratada. Estas liñas pasarán a coñecerse como Ilimitadas Basic, e poderán contratarse de xeito independente ou cos plans Fusión, Conecta Max, miMoistar ou como liñas móbiles extra.
Os usuarios que precisen de conexións de máxima velocidade en calquera momento terán á súa disposición a tarifa Ilimitada Plus, que ofrece datos ilimitados sen franquía, podendo aproveitar en cada momento ata a máxima velocidade que soporte a súa conexión móbil 5G (ou con tecnoloxías inferiores).
As tarifas móbiles de Movistar tamén incluirán sen custo adicional Movistar Cloud (un servizo de almacenamento na nube) e Conexión Segura (un servizo de ciberseguridade para dispositivos móbiles e o fogar).
Movistar ofrecerá datos ilimitados en todas as súas tarifas móbiles
Compartir Este Artigo
