Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG conmemorou cunha gran festa os seus quince anos de actividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG conmemorou cunha gran festa os seus quince anos de actividade

S. P.
Publicado: 19/12/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cpeig_celebracion_15_aniversario_cpeig.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) conmemorou este pasado sábado 17 o seu 15 aniversario: tres lustros de actividade incansable a prol do progreso tecnolóxico da nosa terra, a universalidade das TIC, a defensa da profesión e a igualdade en materia de carreiras e profesións tecnolóxicas. Fíxoo cunha xornada festiva na que participaron medio centenar de colexiadas e colexiados e as súas familias. O encontro tivo lugar nunha das salas de CINESA no centro comercial As Cancelas de Santiago.
Fernando Suárez fixo balance destes últimos quince anos, “tan importantes para a profesión e para o propio CPEIG”. Comezou lembrando fitos fundamentais para a evolución tecnolóxica deste século XXI, como a aparición do iPhone en 2007, “unhas das innovacións que cambiaron a sociedade, xa que pouca xente se podería imaxinar nese momento que, a día de hoxe, practicamente todos teriamos unha computadora no peto con toda a variedade de servizos que nos proporciona”. Xusto nese mesmo ano, no mes de decembro, Fernando Suárez lembrou que se constituíu o CPEIG, entidade que nos seus tres primeiros lustros “conseguiu erixirse como protagonista na sociedade da información en Galicia”, sendo voz e opinión autorizada ante administracións públicas, universidades, empresas e medios de comunicación.
cpeig_videoxogos_na_celebracion.jpgE engadiu: “Galicia demostra estar á vangarda da tecnoloxía, cun sector empresarial forte e dinámico liderado polo Clúster TIC, do que o CPEIG é membro fundador; unha administración á cabeza da implantación de servizos dixitais, coa que colaboramos asiduamente e con éxitos como a consecución da sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) na nosa comunidade, tamén apoiada polo CPEIG; e con títulos de informática nas tres universidades galegas, liderado que se demostra tamén a nivel colexial na actual presidencia do colexio”.
Fernando Suárez asegurou que todo o labor desenvolvido neste tempo non sería posible sen as xuntas de goberno que formaron parte deste camiño. “Se un quere ir rápido, debe camiñar só, pero se quere chegar lonxe, debe camiñar acompañado. E non puiden ter mellores compañeiros de camiño, repletos de ilusión e talento, que tal vez sexan as dúas maiores calidades para acometer calquera reto”, asegurou o presidente que tamén quixo incluír nesta aventura a todos as colexiadas e colexiados “que son o noso motor, a nosa forza e a nosa enerxía”.
Nesta xornada, dedicada especialmente a todos os colexiados, proxectouse un vídeo sobre os principais fitos do CPEIG nestes anos, como as catorce edicións da Noite da Enxeñaría Informática de Galicia, evento anual no que se reúne ao músculo empresarial tecnolóxico da comunidade e aos representantes das administracións, e onde se fai entrega dos premios anuais da profesión para” mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros en Informática dentro da Sociedade da Información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC”. Neste emotivo vídeo recolléronse outros momentos e actividades do CPEIG, como o karting e a excursión pola ría de Vigo con colexiados; a concesión dun Premio da Axencia Española de Protección de Datos ao programa Navega con Rumbo que o Colexio ten en marcha coa Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades para promover o uso responsable das novas tecnoloxías entre os escolares; ou mesmo o tributo que se fixo este ano á estadounidense Margaret Hamilton, primeira enxeñeira de software da historia, con motivo do Día da Muller.
veas_15_aniversario_cpeig.jpg A continuación, os asistentes puideron ver a película Xogos de guerra (War Games), un clásico da informática dirixido en 1983 por John Badham e protagonizado por Matthew Broderick, Dabney Coleman, John Wood, Ally Sheedy e Barry Corbin, entre outros actores do reparto. Este thriller de ciencia ficción conta a intrépida historia de David, un experto informático capaz de saltarse os máis avanzados sistemas de seguridade e de descifrar os máis herméticos códigos secretos. Pero o seu xogo comeza a complicase cando involuntariamente conecta o seu ordenador ao do Departamento de Defensa americano, encargado do sistema de defensa nuclear. Así, desencadea unha situación de perigo dificilmente controlable. Coa axuda da súa noiva e doutro informático intentará, nunha carreira contrarreloxo, evitar a Terceira Guerra Mundial. Recibiu tres nomeamentos aos Óscar e o Premio BAFTA ao mellor Son.
Ademais, os máis pequenos puideron desfrutar dunha mañá de videoxogos cos seus pais e nais, compartindo xogos da PlayStation, por exemplo, algún clásico como o Street Fighter. E finalmente, para culminar esta xornada tan divertida e familiar, a xunta de goberno do CPEIG, arroupada por todos os asistentes, soprou as veas dos 15 anos do Colexio nunha torta xigante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?