Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontón visita a Cidade das TIC e cualifica o proxecto de “oportunidade única”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontón visita a Cidade das TIC e cualifica o proxecto de “oportunidade única”

S. P.
Publicado: 19/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foto_anaponton_visita_cidade_tic_a_coruna_2.jpgA portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, visitou na mañá deste luns 19 de decembro as obras da futura Cidade das TIC na Coruña, un área de 128 quilómetros cadrados para o desenvolvemento da innovación tecnolóxica e de empresas punteiras que se está a materializar na sede da antiga Fábrica de Armas.
Pontón, que estivo acompañada do portavoz municipal, Francisco Jorquera, da concelleira Avia Veira e da deputada pola Coruña, Mercedes Queixas, foi guiada polos distintos elementos da nova infraestrutura polo reitor da UDC, Julio Abalde, e polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral.
En palabras de Pontón, “a Cidade das TIC é unha gran xanela de oportunidade para pór Galiza á vangarda da ciencia e das n ovas tecnoloxías”. Tamén aproveitou para pedir un pacto galego pola ciencia “elevando o investimento ao 2,5% do PIB” e “creando InnoGAL”, unha iniciativa galega ao servizo da captación e retención de talento. Para Pontón, a Cidade das TIC, xunto posta en marcha da AESIA (a Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial, que terá a súa sede na Coruña) é “unha oportunidade única para a cidade galega e para o conxunto do país”.
Como dixemos, a líder do BNG puxo o foco nun “necesario pacto galego pola ciencia e a innovación, un pacto que permita que cara o horizonte do 2030 destinemos o 2,5% do PIB a este ámbito, que é fundamental tanto para desenvolver as tecnoloxías emerxentes no noso país como para mellorar a competitividade das nosas empresas e facer de Galiza un referente neste ámbito”.
Para orientar a Galiza nesa dirección, a portavoz nacional detallou as propostas do BNG para
O BNG propón ademais a creación de InnoGal, un programa de retención, captación e retorno de talento, semellante aos xa existentes en Euskadi (Ikerbasque) e en Catalunya (iCrea). Este programa, dixo, “promovería a contratación de persoal investigador, máis aló do vinculado ás universidades, e deseñar unha carreira investigadora completa e estable para evitar un custe de perda de talento investigador”. Pontón dixo que este custe “pode chegar cada ano pode chegar ata os 311 millóns de euros, o que implica que nas última década Galiza perdeu máis de 3.000 millóns de euros en talento investigar formado pero que marchou do país”, explicou, ao tempo que propuxo a creación dun consorcio de captación e competencias dixitais coa participación da Xunta, as entidades locais e o sistema universitario, que avance na dixitalización das administracións e das empresas, con atención especial ás pequenas e medianas empresas e á economía social, ademais de poñer o foco nos procesos de dixitalización dos lugares de ensino, arquivos e biblioteca.
Para o financiamento destas medidas o BNG propón destinar a ese fin o 2,5% do PIB como reto a acadar de aquí a 2030 para “situar a Galiza na media europea e sacala do furgón de cola onde está hoxe cun investimento que apenas acada o 1% do PIB”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?