Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entréganse os III Premios Galicia de Innovación e Deseño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entréganse os III Premios Galicia de Innovación e Deseño

Redacción
Publicado: 20/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

221220_desemho_002x.jpgO vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegurou hoxe en Santiago de Compostela durante a entrega dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño, que os gañadores e finalistas axudan a reivindicar o ben que o sabe facer Galicia, ao mesmo tempo que inspiran novas iniciativas no tecido empresarial ao servir como casos de éxito que demostran que a innovación e o deseño van da man e son o valor engadido que lle podemos dar á Marca Galicia.
Os premios, postos en marcha a través da Axencia Galega de Innovación, queren recoñecer o talento galego e impulsar a cultura innovadora e o deseño entre o tecido empresarial. Nesta terceira edición resultaron premiados, no apartado de innovación, a Compañía Española de Algas Marinas, Ceamsa (O Porriño), firma destacada no sector biotech, na categoría de grande empresa; e Alén Space (Nigrán), na de pequena e mediana empresa grazas aos seus avances no ámbito dos pequenos satélites. Xunto a elas, foi distinguida a traxectoria innovadora de Catalina Fernández de Ana Portela (Pontevedra) polo seu labor ao fronte de Hifas da Terra.
221220_desenho_003x.jpgNo apartado de deseño, foi premiada a creatividade do pontevedrés Isaac Piñeiro na categoría de profesionais. O compromiso coa mobilidade sustentable de Unvi Carroceros (San Cibrao das Viñas) conseguiu o premio na categoría de empresas, como exemplo da incorporación do deseño á súa estratexia empresarial. Finalmente, distinguiuse á viveirense Sara Regal na categoría de talento emerxente.
Conde lembrou que a Xunta de Galicia conta co Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade Diferenza, que busca consolidar este ecosistema galego, apoiar a formación en deseño, organizar e participar en experiencias de innovación social, así como incorporar o deseño e a innovación na Administración pública.
Dentro deste programa destacan os premios que hoxe se entregaron, pero tamén iniciativas como as axudas do DeseñaPeme, a creación dun mapa de provedores ou a celebración de eventos que axudan a difundir o labor que se está realizando.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?