Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CLAG impulsou unha ferramenta de transcrición e subtitulado automático ao galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CLAG impulsou unha ferramenta de transcrición e subtitulado automático ao galego

S. P.
Publicado: 20/12/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

subtitulos_mando_distancia.jpgO Clúster Audiovisual Galego (CLAG) fixo balance da súa folla de ruta transformadora e innovadora deste ano que remata, unha axenda que veu marcada pola obtención (a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España) de 441.695 euros procedentes dos fondos Next Generation da Unión Europea para realizar tres iniciativas que contribuirán ao desenvolvemento de obras audiovisuais e a innovación no sector. Trátase dos proxectos tecnolóxicos TILGAL (ferramenta de transcrición automática ao galego), Medretia e I+P, INCUBA.
TILGAL
O Clúster vén de desenvolver o proxecto TILGAL (Ferramenta de Transcrición e Subtitulado Automático ao Galego), xunto ás empresas socias Adivina Producciones, Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Setemedia Producciones Audiovisuales e Voz audiovisual, así como ao Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) do centro de investigación AtlantTIC (UVigo) e á empresa Imaxin Software. Esta iniciativa permitiu validar o estado actual da tecnoloxía de recoñecemento automático da fala para a elaboración de subtítulos de produtos audiovisuais en galego.
O proxecto foi financiado polo Ministerio de Industria a través do programa de apoio ás AEI para contribuír á mellora da competitividade da industria española, na súa segunda convocatoria de 2021, da que obtivo 26.532 euros procedentes dos fondos europeos. E conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
TILGAL enmárcase na liña estratéxica de innovación e transformación dixital, dentro do Plan Estratéxico do Clúster para o período 2022-2025, coa que se busca un dobre obxectivo, por unha banda, impulsar os proxectos colaborativos de innovación dentro do sector audiovisual galego e, pola outra, a mellora tecnolóxica 4.0, ao igual que acontece con Medretia.
Medretia
O Clúster lidera tamén un proxecto baseado en técnicas de Intelixencia Artificial chamado Medretia, que se dirixe a desenvolver predicións a partir de datos multisectoriais, e determinar un sistema intelixente para a predición de éxito (audiovisual) e vendas (téxtil) dos produtos monitorizados, permitíndolles ás empresas adiantarse ás necesidades do mercado en base aos datos históricos de temporadas anteriores.
Tamén participan neste proxecto as empresas CRTVG, Duacode e Selmark, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia, Galicia Dixital.
Medretia contan con financiamento do Ministerio de Industria, a través do programa de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), resultando beneficiario, na súa segunda convocatoria do ano 2022, dunha axuda de 141.084 euros.
I+P Incuba
I+P Incuba é a nova incubadora de proxectos de cine e televisión do Clúster que vén de celebrar a súa primeira edición. Trátase dun programa semente que tamén abrangue unha plataforma de pitching onde participan profesionais e empresas que superen previamente un proceso de selección, e que ten como obxectivo a incubación e mellora significativa de seis proxectos audiovisuais na fase de desenvolvemento a través de titorías, webinarios e consultaría.
Este proxecto resultou beneficiario dunha axuda de 250.000 euros do ICAA, a través da súa convocatoria de axudas a laboratorios e incubadoras de proxectos audiovisuais, para as edicións de 2022 e 2023.
Outros proxectos: plató virtual
Ademais, na carteira de proxectos do Clúster para optar aos fondos europeos inclúese unha iniciativa para a implantación de diversas infraestruturas e servizos dixitais que contribuirán a mellorar a competitividade do audiovisual galego, entre as que está a construción dun plató virtual. Segundo explica o CLAG, a obtención de financiamento europeo para este novo plató, promovido e co-financiado pola Deputación da Coruña e no que participa o Clúster, canalizouse a través da convocatoria de axudas para a creación ou mellora de ecosistemas dixitais no sector audiovisual, do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital no marco do PRTR, da que resultou beneficiaria de 5 millóns de euros. O novo estudio, que albergará a Cidade das TIC da Coruña, permitirá crear contidos que son de aplicación no ámbito cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?