O Concello de Santiago e a empresa Sionlla Biotech asinaron un convenio dirixido a subvencionar parte dos gastos do equipamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB) do Biopolo Sionlla, proxecto industrial estratéxico para Santiago e Galicia, iniciado hai máis de seis anos froito da colaboración público-privada, que se compón de dous espazos: o CSIEB, xa coa obra en marcha e que se prevé inaugura a comezos de 2023, e unha área de desenvolvemento produtivo, con naves para a actividade empresarial.
No marco deste acordo, o Concello de Santiago achegará 300.000 euros para o equipamento de zonas de traballo colaborativo (coworking), salas de reunións e xestión con mobiliario e servizos de apoio de software; equipamento informático, de vídeo-conferencias e sinalización. Tamén se prevé a instalación de equipamentos para a mellora da eficiencia enerxética e sistemas de alimentación ininterrumpida, así como de equipos para a seguridade das instalacións.
A empresa Sionlla Biotech S.L. é a promotora do proxecto do Centro de Servizos Innovadores para empresas Biotecnolóxicas (CSIEB) do Biopolo Sionlla, que tivo a súa orixe no acordo da Sionlla do que forman parte a Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Economía, Empresa e Innovación e a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; o Concello de Santiago, a Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio de Santaigo e a Asociación Área Empresarial do Tambre.
O Concello de Santiago achegará 300.000 euros para equipar tecnoloxicamente o Biopolo Sionlla
Compartir Este Artigo

