O Concello de Rianxo está a organizar dúas actividades formativo-tecnolóxicas nos centros escolares municipais ao longo dos curso 2022-23. Están dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e poñen o foco en como acadar boas navegacións polo universo dixital e, tamén, como converternos en deseñadoras e deseñadores de videoxogos.
A primeira actividade é un relatorio sobre seguridade e tecnoloxía, a desenvolver baixo o epígrafe Non enredes nas redes: virus, videoxogos, hackers e youtubers…. Consiste, máis polo miúdo, nun percorrido pola historia das ameazas e perigos nas redes relacionadas co lecer das crianzas, abordando cuestións como os videoxogos, as redes sociais e os contidos na Rede.
A segunda actividade consiste nun obradoiro de elaboración dun videoxogo sen coñecementos de programación no que, desde cero, as crianzas poderán construír, en moi pouco tempo, un pequeno videoxogo para dispositivos móbiles.
A primeira actividade celébrase os días o 20 e 21 de decembro no CEIP Castelao de Rianxo. Ao longo do curso repetirase no CEIP Ana María Diéguez e no CEP Brea Segade de Taragoña.
Os escolares de Rianxo avanzan en ciberseguridade e deseño de videoxogos da man do Concello
Compartir Este Artigo

