Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés lanza a liña de amplificadores intelixentes SmartKom, que se configuran nun só botón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés lanza a liña de amplificadores intelixentes SmartKom, que se configuran nun só botón

S. P.
Publicado: 20/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

televes_smartkom.jpgA empresa tecnolóxica Televés, con sede principal en Compostela, vén de presentar un novo fito en materia de solucións profesionais para as infraestruturas de comunicación de edificios e fogares. En concreto, lanzou ao mercado o seu último desenvolvemento de produto para a distribución de TV: SmartKom. En palabras da compañía, trátase do “primeiro amplificador intelixente cuxa funcionalidade pode ser xestionada cun só botón”.
Segundo explica Televés, a gama de amplificadores SmartKom simplifica o labor de instalación de TV en vivendas familiares, combinando as funcións de varios elementos nun só dispositivo que subministra o sinal completo de televisión a través dun único cable coaxial. Ademais, Televés salienta a capacidade de resposta dos amplificadores do dispositivo, e coa simple pulsación dun botón configuran por si mesmos a mellor oferta de canles dispoñible, xunto a un nivel de sinal perfectamente equilibrado entre eles. Grazas a este factor de “intelixencia integrada”, os amplificadores SmartKom están deseñados para “un funcionamento plug&play”, explica Televés, destacando que abonda con premer en “autoprogramación” para establecer as mellores condicións para o sinal de TV recibido. En concreto, combina ata 32 filtros dixitais, polo que podemos axustar e equilibrar cada canle por separado, coa seguridade engadida de evitar calquera interferencia da banda 4G/5G ao incorporar un filtro SAW de alto rexeitamento.
De querermos configuralo de xeito manual, o acceso ao amplificador SmartKom está dispoñible a través da aplicación ASuite, compatible con PC, Mac, Android e iOS. O proceso permite unha configuración individualizada en tres pasos: primeiro programando os filtros e niveis de axuste, despois un axuste fino do nivel para unha maior precisión, para rematar coa vixilancia das canles.
SmartKom vén nun formato exterior, para a súa instalación no mastro da antena, caso en que se inclúe a fonte de alimentación co produto, ou nun formato interior, cun deseño robusto e compacto para facilitar a instalación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?