Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC conseguiu 3,8 millóns do Ministerio de Ciencia para proxectos de transición ecolóxica e dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC conseguiu 3,8 millóns do Ministerio de Ciencia para proxectos de transición ecolóxica e dixital

S. P.
Publicado: 21/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_fachada_exterior-4.jpgA Universidade de Coruña acadou 3,8 millóns de euros do Ministerio de Ciencia e Innovación a través das súas axudas a proxectos de transición ecolóxica e dixital. A UDC destinará esta contía ao impulso de 23 iniciativas.
O Centro de Investigacións TIC (CITIC), capta 1.733.625 euros para dez proxectos; a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, 665.390 para catro proxectos; o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, 380.650 euros para dous proxectos; o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, CITENI, 333.600 para dous proxectos; a Facultade de Ciencias, 239.430 para un proxecto; a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, 212.750 para un proxecto; a Escola Técnica Superior de Arquitectura, 139.150 para un proxecto; a Facultade de Informática, 87.630 euros para un proxecto; e a Facultade de Dereito, 49.220 para un proxecto.
En total, o Ministerio de Ciencia e Innovación concedeu 288 millóns de euros a 1.711 propostas orientadas á transición ecolóxica e dixital presentadas polas universidades e centros de investigación.
Estas axudas, financiadas con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, teñen como obxectivo fomentar as actividades de I+D+I para incrementar a competitividade e o liderado internacional da ciencia e a tecnoloxía españolas a través da xeración de coñecemento científico e mediante unha investigación de calidade orientada cara á transición ecolóxica e á transición dixital, segundo explica o Ministerio.
En concreto, os proxectos de transición ecolóxica están dirixidos á mitigación do cambio climático, a adaptación ao cambio climático, o uso sustentable e a protección dos recursos hídricos e mariños, a economía circular, a prevención e control da contaminación e a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.
Pola súa parte, os proxectos de transición dixital pretenden potenciar as infraestruturas, competencias e tecnoloxías necesarias para unha economía e unha sociedade dixital a través da dixitalización de toda a cadea de valor en sectores tractores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?