Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emprendemakers posibilita a creación de 11 proxectos empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emprendemakers posibilita a creación de 11 proxectos empresariais

S. P.
Publicado: 21/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emprende_makers-3.jpgEste mércores 21 celebrouse en Santiago o acto de clausura do proxecto galego-portugués Emprendemakers, dirixido a impulsar a iniciativa empresarial innovadora nas dúas beiras da raia. Na cita participou, facendo balance da iniciativa, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, quen expuxo os resultados alcanzados en Galicia. Segundo dixo, Emprendemakers está a permitir que once proxectos empresariais reciban xa asesoramento.
Trátase de once iniciativas que xurdiron durante a Academia Maker, que puxo en marcha a Xunta a través deste proxecto. A día de hoxe estanse a culminar diversas accións de aceleración e iniciativas maker e este xoves 22 de decembro celebrarase, no marco deste plan, unha xornada virtual sobre acceso a financiamento.
Emprendemakers, ademais, posibilitou que preto de 100 persoas participaran nas formacións ligadas á Academia Maker que levou a cabo a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, actividades desenvolvidas entre agosto e novembro que puxeron o foco en competencias básicas para o emprendemento. Os potenciais emprendedores que tomaron parte nos cursos adquiriron coñecementos sobre ferramentas de xestión e competencias sobre temas específicos de innovación, aumentando as súas posibilidades de éxito na súa inserción empresarial como emprendedores.
A Xunta tamén puxo en marcha no marco de Emprendemakers obradoiros formativos en tecnoloxías maker, como instrumentos de xeración de solucións innovadoras e creativas. Segundo explicou Ardao, a iniciativa baseouse nun conxunto integral de formacións cuxo obxectivo foi proporcionar aos makers maiores de 18 anos as ferramentas necesarias para converter a súa idea ou o seu prototipo nunha idea de negocio ou unha mellora innovadora ao servizo das empresas da Eurorrexión.
Emprendemakers seguiu a filosofía maker coa que os emprendedores aprenden a través do que fan, sobre todo en eidos que implican colaboración e tecnoloxía.
Coa iniciativa, que tamén permitiu identificar 26 centros de innovación en Galicia e o norte de Portugal para poñer os seus recursos a disposición dos novos creativos tecnolóxicos, buscouse potenciar a transferencia de coñecementos, especializacións e procedementos para dar lugar a sinerxías que favorezan a creación de empresas innovadoras impulsadas pola mocidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?