Dende este 22 de decembro a web do Belén de Begonte, un dos nacementos máis visitados e relevantes da xeografía galega, completa os seus recursos cun vídeo 360º de dous minutos de duración, que, segundo sinalan os responsables da iniciativa, “proporciona unha visión diferente, totalmente nova, sobre esta instalación cultural que está celebrando o seu primeiro cincuentenario, e ten convertido a Begonte na capital do Nadal en Galicia”.
Os irmáns Alfonso e Miguel Díez Veiga, da produtora lucense Audiovisual Media ADVM, en colaboración co experto en fotografía e audiovisuais en formato panorámico e inmersivo, Suso Barral, confeccionaron a peza que se vén de subir á dita web, que permite “contemplar diversas partes do Belén desde ángulos que apenas poden ser percibidos a simple visita polos visitantes de a pé”, engaden.
Para a filmación deste vídeo os especialistas desprazaron os equipos técnicos ao Nacemento de Begonte, instalando cámaras en diversos lugares para conseguir os planos que conforman esta visión panorámica total do Belén creado en 1972 por José Rodríguez Varela, e impulsado polo daquela párroco, José Domínguez Guizán, que da nome ao Centro Cultural que durante este medio século potenciou este Belén.
A web do Belén de Begonte achega un vídeo en formato 360º para desfrutalo ao completo
Compartir Este Artigo

