Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Palacete das Mendoza convértese na oficina máis dixital de Turismo Rías Baixas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Palacete das Mendoza convértese na oficina máis dixital de Turismo Rías Baixas

S. P.
Publicado: 23/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mendoza_carmela_silva_deputacion_pontevedra_palacete-1.jpgO Palacete das Mendoza (Pontevedra), sede de Turismo Rías Baixas, estreou esta semana a súa remodelada e innovadora nova faciana, froito dun intenso traballo de accesibilidade e transformación dixital acometidas nos últimos meses pola Deputación de Pontevedra. En concreto, no lavado de cara do pazo empregáronse tecnoloxías punteiras como Realidade Virtual, hologramas ou unha sala inmersiva abeirada ao programa de transformación turística provincial Tourist Inside. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, fixo un percorrido por todas as novidades do Palacete das Mendoza tralas devanditas obras, valoradas en arredor de 350.000 euros.
A presidenta provincial asegurou que “o novo Palacete das Mendoza vai sorprender moito”, xa que agora “deixa de ser un espazo onde a xente vén buscar información turística para ser unha vivencia, unha experiencia na que a xente se vai mergullar na nosa historia e o noso patrimonio”. Silva engadiu que a través desta nova experiencia dixital “as irmás Mendoza reviven e ímolas poder ver tal como eran, cos seus traxes e interactuando coa xente”, o que permite “recuperar o noso patrimonio, unha historia viva para volver ao pasado e coñecer historias das irmás Mendoza, desta cidade e da súa relación con outros lugares”.
mendoza_realidade_virtual_deputacion_pontevedra_carmela_silva_palacete-5.jpgCarmela Silva lembrou que este proxecto de transformación foi concibido “como unha experiencia inmersiva dividida en catro zonas: un xardín, unha sala inmersiva, un espazo de realidade virtual e un espazo holográfico”, é dicir, “está dotado de todas as últimas tecnoloxías, con elementos audiovisuais que permitan ata crear rutas que a xente vai ter no seu móbil, é dicir, un cambio transcendental”.
O xardín do inmóbel, logo das melloras realizadas, constitúe espazo tematizado que recrea os xardíns do Palacete durante a vida das irmás Mendoza, con mobiliario, elementos de información (pantallas e soportes de pantalla táctil) e un sistema de aromaterapia “para vivir sensacións”, asegurou a presidenta provincial.
Pola súa banda, a sala inmersiva 270º, situada ao fondo tralo mostrador, é unha área de proxeccións onde se mostran contidos envolventes. Está totalmente tematizada na época na que viviron as irmás Mendoza (co emprego de vinilos, lámpada de época e estores automáticos) e dispón dun grande equipamento tecnolóxico con máis de 33 m2 de pantallas de proxección.
Na ala esquerda do palacete atópase o espazo de Realidade Virtual 360º, no que as persoas visitantes pódense mergullar en 7 salas que recrean os salóns das irmás Mendoza a finais do século XIX empregando gafas de RV controladas por joysticks. O espazo tamén está tematizado fisicamente con mobiliario ambientado na época.
O cuarto espazo é unha estancia holográfica na que un equipo de holografía amosa unha gravación que recrea as irmás como donas do Palacete en distintos contextos da súa vida.
Ademais. o proxecto Tourist Inside tamén incluíu a dotación de numerosos elementos tecnolóxicos para facilitar unha información flexible e adaptada ás persoas usuarias no Palacete das Mendoza. Salienta a mesa interactiva, con pantalla de 65 polgadas, multitáctil e a proba de golpes de derrame de líquidos, con deseño accesible. A través dun mapa interactivo, as persoas visitantes poden gardar recursos turísticos e a mesa crea automaticamente unha ruta que poderán enviar ao seu correo electrónico. Tamén foi habilitado un videowall, no fondo do espazo central, a modo de grande escaparate virtual da provincia. Está configurado con 16 monitores multipantalla, de 55 polgadas cada un. Amais, traballouse no portal web e nunha aplicación móbil e instaláronse dúas tabletas con soporte de pé nas que se recollerá o retorno da experiencia con enquisas de satisfacción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?