Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A primeira Asemblea Xeral do Nodo CIBER.gal fai balance das súas actuacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A primeira Asemblea Xeral do Nodo CIBER.gal fai balance das súas actuacións

Redacción
Publicado: 26/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ciber.gal_fkqfpdtwiaamfdi.jpgPreto de 50 persoas en representación de entidades dos sectores tecnolóxico, da investigación, do coñecemento, da industria e de organizacións públicas referentes en ciberseguridade en España coma o Centro Criptolóxico Nacional, xuntáronse a semana pasada para celebrar a I Asemblea Xeral do Nodo Galego de Ciberseguridade.
Na mesma, o Nodo CIBER.gal puxo en valor o esforzo e cooperación de todas as entidades que se enmarcan no ecosistema creado na súa contorna, pois son a chave do éxito acadado en todas e cada unha das iniciativas celebradas e executadas no contexto de CIBER.gal.
Destacan principalmente actividades e iniciativas enfocadas cara a concienciación, capacitación e formación, cara a difusión e posta a disposición de información, cara o fomento do talento, a facilitación de servizos de ciberseguridade e tamén o impulso á industria deste sector.

Contidos
  • Concienciación
  • Difusión
  • Fomento do talento

Concienciación

tvg__digochoeuciber7.jpgNo primeiro deles, englóbanse preto de 20 iniciativas, e cómpre resaltar a posta en marcha do grupo de traballo das empresas, que acadou uns resultados de máis de 500 profesionais inscritos e máis de 300 beneficiarios cun elevado grao de satisfacción xeral situado preto do 9 sobre 10. Cabe mencionar o deseño e execución de dous cursos superiores, un do eido da ciberseguridade e outro no eido da protección de datos persoais, ambos destinados a persoal público, nos cales a demanda de prazas nalgunha das edicións incluso chegou a triplicar a oferta.
Tamén na categoría de concienciación se destaca a iniciativa de #CiberEsther, en colaboración coa TVG, co obxectivo de capacitar e concienciar á sociedade sobre a ciberseguridade, que acumula máis de 650.000 visitas nas distintas canles. Outra das iniciativas destacadas nesta categoría é a organización do Encontro CIBER.gal, que en ambas edicións acadou máis de 3.500 inscricións, preto de 50 actividades distintas e a participación de máis de 6.000 escolares no Concurso Ciberseguridade no Cole!

Difusión

No eido da difusión, posta a disposición de información e colaboracións en iniciativas de referencia, no marco do Nodo executáronse máis de 20 actividades. Resaltan entre elas a creación da súa propia web, que aglutina información de interese e actualidade relativa á seguridade da información, e a adhesión á Rede Nacional de SOC.

Fomento do talento

O fomento do talento tamén é un obxectivo presente no Nodo, polo que CIBER.gal apoiou á Consellería de Cultura, Educación e Universidade no lanzamento dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade, que hoxe en día se atopan en 4 lugares distintos de Galicia. Na contorna do Nodo tamén se deseña e coordina a facilitación de servizos de ciberseguridade, destacando a execución do proxecto de servizos de ciberseguridade a entidades locais dende decembro do 2021 e acordos con entidades colaboradoras de CIBER.gal para a posta a disposición gratuíta de plataformas e ferramentas para mellorar o nivel de ciberseguridade das empresas de Galicia.
Por suposto, resáltase a importante labor de impulso á industria da ciberseguridade enmarcada no contexto de CIBER.gal, na cal é destacable a próxima creación do Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia e a participación na convocatoria RETECH no eido da ciberseguridade, que da man de Cataluña e a Comunidade Valenciana, foi un dos 11 proxectos seleccionados polo Goberno Central.
En relación ás próximas liñas de actuación para a continuidade de iniciativas de CIBER.gal, no curto prazo destacan a constitución e posta en marcha do grupo de traballo da Administración Pública, a continuidade de actividades enmarcadas no grupo de traballo das empresas, e a posta en marcha do proxecto común no marco da iniciativa RETECH.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?