Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha web que recupera as historias das nosas grandes mulleres en formato podcast
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha web que recupera as historias das nosas grandes mulleres en formato podcast

S. P.
Publicado: 26/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Carmela Silva, presidenta provincial, na presentación da web de Aquí faltan páxinas
Carmela Silva, presidenta provincial, na presentación da web de Aquí faltan páxinas
Facer que doce mulleres galegas extraordinarias recuperen a súa plena voz e a súa plena visibilidade. E facelo ademais botando man das novas tecnoloxías. Este é un dos grandes obxectivos do proxecto Aquí faltan páxinas, iniciativa pioneira que será desenvolvida por vez primeira co formato podcast, que pon en marcha a Deputación xunto a O Cable Inglés para poñer en valor a contribución feminina ao desenvolvemento da humanidade.
Arrinca cunha colección de relatos sonoros que dará a coñecer no 2023 os logros destas mulleres, unha por mes, que se complementarán con 12 faladoiros en 9 concellos da provincia que tiveron relación con elas.
Ao abeiro deste proxecto, desde xaneiro e cada mes, a colección de podcasts porá na web de Aquí faltan páxinas, con ligazón a Spotify, as historias narradas por Marián Fernández de María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa, referentes en distintos ámbitos como o deporte, a educación, a investigación ou o activismo. Amais, publicarase unha ruta virtual que amosará os puntos máis importantes da biografía da protagonista do mes.
A presidenta provincial, Carmela Silva destacou na presentación que este proxecto nace con vocación de continuidade e de dar voz “a mulleres imprescindibles, a nosa historia esquecida, pero nunca enterrada”.
Aquí faltan páxinas comezará a súa andaina en xaneiro coa figura de María Soliña, (1551-?), acusada de bruxería e símbolo dos abusos contra as mulleres, e dela falará Guillermina Domínguez en Cangas. En febreiro a protagonista será a pioneira da aviación española, a “muller paxaro”, Elisa Patiño, (1890-1919), co faladoiro de Milagros Bará en Sanxenxo. Marzo rescatará a historia da primeira galega en licenciarse en medicina, Olimpia Valencia (1898-1987), coa charla de Ana Fuentes na sede da Deputación de Vigo e abril será a quenda da artista Maruja Mallo (1902-1995), coa intervención de Loli Docampo en Bueu.
Por outra banda, en maio falarase da humanista e activista Concepción Arenal (1820-1893), de quen falará Anna Caballé na cárcere da Lama; mentres que en xuño o podcast estará dedicado a Antonina Sanjurjo, xogadora de hoquei (1910-1939), coa charla protagonizada por Cristina López Villar na sede da Deputación en Vigo. En xullo rescatarase a figura da escritora e feminista María Vinyals (1875-década 40), de quen versará o faladoiro de Isabel Blanco no Castelo de Soutomaior.
A comprometida mestra Ernestina Otero (1890-1956) será protagonista en agosto e dela falará Manuel Puga en Redondela mentres que en setembro tocaralle á oceanógrafa e pioneira da investigación mariña Ángeles Alvariño (1916-2005) cuxa traxectoria enxalzará Ángeles Leira na sede de Vigo. Na recta final do ano, a primeira muller almirante, Isabel Barreto, (1567-1612) protagonizará o podcast de outubro e dela versará o faladoiro de Eloísa Gómez no Pazo Provincial en Pontevedra; mentres que novembro estará dedicado a Carolina Otero (1868-1965), a icona da Belle Époque, coa intervención de Carmen Posadas en Valga. Por último, o programa pecharase en decembro coa compositora e música Sofía Novoa (1902-1987) e a charla de Carmen Losada na sede de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?