Este mes de decembro o xurado da cuarta edición de Altia Premia, composto por profesionais da empresa tecnolóxica galega e da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, seleccionou os cinco TFG (Traballos Fin de Grao) que optarán ao primeiro galardón. O xurado salientou que todos os traballos recibidos destacan pola “súa gran calidade” e por ser “unha clara mostra de como se poden aplicar os coñecementos adquiridos durante a carreira para buscar solucións que melloren noso día a día”.

As persoas finalistas presentarán os seus traballos ante o xurado o 27 de xaneiro de 2023 no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela.
Esta iniciativa, realizada conxuntamente entre Altia e a ETSE, nace co obxectivo de “estimular a formación e o talento dixital do alumnado do Grao en Enxeñería Informática” e “de premiar o seu talento, paixón e esforzo, recompensando á persoa gañadora cun premio de 1.500€”.
A cuarta edición do certame Altia Premia xa ten os seus cinco finalistas
Compartir Este Artigo

