Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta incrementa a dotación económica para mellorar a cobertura móbil no rural galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta incrementa a dotación económica para mellorar a cobertura móbil no rural galego

Redacción
Publicado: 29/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20221229_consello_01.jpgO Consello de Goberno da Xunta aprobou hoxe unha modificación da encomenda a Retegal por parte da AMTEGA que incrementa ata 11,4 millóns de euros a dotación económica para a mellora da cobertura de telefonía móbil en 65 concellos do rural. En concreto, a modificación aumenta de 4 a 7,7 millóns de euros a encomenda relativa ás infraestruturas públicas que fará Retegal, aos cales se suman os 3,7 millóns de euros concedidos a Vodafone para a prestación do servizo.
A modificación da encomenda foi necesaria para asumir a execución das acometidas eléctricas nas parcelas cedidas polos concellos. No convenio asinado pola AMTEGA coa FEGAMP estas acometidas terían que ser proporcionadas tamén polos concellos, aos que a Xunta se comprometeu a axudar. Na reunión de seguimento do convenio do pasado 8 de agosto acordouse que a Axencia, directamente ou a través dunha entidade instrumental do sector público, sería a encargada de executar as acometidas eléctricas.
20221229_consello_03.jpg A modificación tamén foi necesaria para paliar os efectos dos incrementos dos custos de materiais.
Retegal terá ata o 31 de decembro de 2023 para a execución das tarefas encomendadas, que consisten principalmente na construción e posta á disposición dos operadores das torres de comunicacións necesarias para a prestación do servizo nestas zonas rurais illadas.
Pola súa parte, o prazo de que dispón Vodafone para a posta en marcha do servizo remata o 31 de outubro de 2024.

Actuación excepcional coa autorización da Comisión Europea

20221229_consello_02.jpgA Xunta puxo en marcha a actuación para dotar de cobertura móbil 290 núcleos de 65 concellos galegos ante a falta de interese por parte das operadoras en dotar estas zonas de cobertura porque aseguran que non lles resulta rendible. A esta situación súmase a ausencia de medidas para corrixir esta situación por parte do Goberno do Estado, que é a quen corresponde a competencia de impulsar o despregamento de redes de telecomunicacións.
Para facelo, a Xunta tivo que solicitar unha autorización expresa por parte da Comisión Europea. Galicia logrou así a primeira liña de axudas dunha Comunidade Autónoma para a extensión de telefonía móbil en España aprobada pola Comisión Europea.
A Administración autonómica trasladou esta iniciativa á Unión Europea hai tres anos, ante a falta de iniciativas do Estado. A pesar das actuacións levadas a cabo nos últimos anos que acadaron a cobertura móbil do 98 % da poboación, aínda existen territorios (zonas rurais illadas, espazos naturais) que carecen de cobertura 4G.
Para sacar adiante esta medida, a Xunta de Galicia contou coa colaboración da FEGAMP, coa que asinou un convenio de colaboración, así como coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), para identificar as carencias, xa que o Estado non dispoñía dun mapa detallado de cobertura que permitise establecer as zonas con carencias. Dos 94 concellos que solicitaron adherirse ao convenio, tras as comprobacións da AETG e a realización dunha consulta pública demandada pola Comisión Europea, detectáronse deficiencias de cobertura móbil en 65 deles.
Esta actuación puntual da Xunta conta co apoio do operador público Retegal, que construirá localizacións de soporte para o equipamento de telefonía móbil que porá á disposición de todos os operadores, permitindo non só a mellora da cobertura de telefonía móbil no ámbito desta medida, senón tamén o soporte a novas redes que permitan mellorar na dixitalización do rural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?