Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amplíase a rede de videovixilancia forestal con máis cámaras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amplíase a rede de videovixilancia forestal con máis cámaras

Redacción
Publicado: 29/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

180717_forestal_04x.jpgA Xunta continúa ampliando e mellorando a capacidade da Rede de videovixilancia con máis cámaras, renovando dispositivos que incorporarán novas funcionalidades e implementando novas solucións para poder aplicar a intelixencia artificial á prevención de incendios. Son as medidas dunha nova addenda ao convenio entre a Consellería do Medio Rural e a AMTEGA e Retegal para incrementar a dotación orzamentaria destinada á Rede en 2,3 millóns de euros ata 2025.
O acordo permite así seguir incorporando novos centros e cámaras de altas prestacións á Rede, a cal estará integrada por ata un total de 76 centros de telecomunicacións e 153 cámaras cunha resolución que permite mesmo distinguir matrículas de vehículos nas pistas forestais.
Outra das medidas é a renovación das cámaras de videovixilancia instaladas na primeira e segunda fase do proxecto, que comezou en 2018, priorizando aqueles dispositivos instalados nos centros de telecomunicación situados nas cotas máis altas. Estas cámaras están expostas a continuos cambios de temperatura e condicións meteorolóxicas adversas que poderían acabar impactando no rendemento e operatividade do servizo.
As cámaras renovadas incorporarán novas funcionalidades, tales como maior sensibilidade, mellora no zoom óptico, novos algoritmos de compresión de vídeo, menor consumo eléctrico e carga aerodinámica, o cal permitirá mellorar as tarefas asociadas ao proceso de videovixilancia dos espazos forestais.
Ademais, grazas a esta addenda adquirirase un hardware e un software específico para facilitar un procesado das imaxes captadas pola rede necesario para aplicar técnicas de intelixencia artificial e poder realizar, a medio prazo, análises preditivas para a mellora do proceso de identificación e prevención de incendios.

Contidos
  • Cámaras de altas prestacións
  • Plataforma para unha xestión integral
  • Investimento

Cámaras de altas prestacións

A Rede de videovixilancia dos espazos forestais entrou en funcionamento en 2018 como un instrumento de apoio ao labor de detección, prevención e seguimento de incendios. Para o seu despregamento aproveitáronse as infraestruturas do operador público Retegal, instalando en cada un dos 44 centros iniciais dúas cámaras de altas prestacións, con capacidade para operar baixo temperaturas extremas e resistentes a ventos furacanados.

Plataforma para unha xestión integral

A Rede xestiónase de xeito centralizado a través dunha plataforma tecnolóxica que posibilita a vixilancia remota dos montes desde os centros de coordinación (central, provincial e de distrito) as 24 horas do día e permite aos axentes e técnicos forestais o acceso en tempo real ás imaxes, mesmo a través de dispositivos móbiles.
En caso de detectarse un lume o sistema achega información visual en directo sobre o avance e as condicións do incendio e permite xeoposicionar o punto que se está a visualizar en cada momento. Deste xeito, a Rede ofrece un mecanismo de apoio á toma de decisións polas autoridades e persoal técnico competentes para mobilizar e xestionar medios e recursos para os labores de extinción. A Rede almacena 3.000 imaxes cada segundo, o que supón un total de 7.776 millóns de imaxes ao mes.

Investimento

Este convenio conta cun orzamento no período 2023-2025 de 2,3 millóns euros que financian a Consellería do Medio Rural e a Axencia autonómica, incrementando o investimento total na rede ata os 5.615.492,12 euros.
Estas actuacións están cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco da submedida 8.3, Prevención do dano causado por incendios, desastres naturais e outras catástrofes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?